Agora toca impulsar o emprego de calidade

Fecha: 04 Ene 2022

Agora toca impulsar o emprego de calidade

A contratación indefinida non chegou en Galicia ó 10%

Santiago, 4 de xaneiro de 2022.- UGT-Galicia considera positivos os datos do paro, pero insta a mellorar a calidade do emprego en 2022. Para iso, demanda aos grupos parlamentarios que apoien o acordo de reforma laboral, alcanzado polos sindicatos e os empresarios, para poñer fin á precariedade e temporalidade inxustificadas no mercado de traballo. O sindicato defende, ademais, que os salarios suban en consonancia co crecemento económico; esixe que o SMI se sitúe xa en 1.000 euros ao mes; e que o salario mínimo de convenio creza tamén neste novo ano ata os 1.100 euros.

Os datos de paro coñecidos hoxe confirman unha vez máis a efectividade de levar a cabo políticas de impulso económico e de protección social e do emprego en momentos de adversidade económica. A actual situación de incerteza, produto da difusión da variante Ómicron do virus, demanda seguir profundando nestas medidas a fin de que se fortaleza a actual etapa de expansión económica e os seus froitos acaben redundando positivamente no maior número de persoas posible. Neste aspecto, o recente acordo sobre a reforma laboral xogará un papel moi importante ao situar ao emprego estable e de calidade como un dos principais piares sobre os que apoiar a recuperación económica.

Así, o novo acordo en materia laboral elimina algúns dos aspectos máis lesivos das antigas lexislacións, abrindo un novo escenario para as relacións laborais que recupera equilibrios na negociación colectiva e promove a xeración de emprego estable ao desincentivar a temporalidade e a precariedade, principais acenos de identidade do noso mercado laboral durante décadas. É, sen dúbida, un moi bo acordo, que debe agora trasladarse á práctica diaria de contratación das empresas e á negociación dos convenios colectivos, impulsando de maneira consensuada un mercado laboral máis eficiente e xusto e, como consecuencia, unhas empresas máis produtivas e competitivas.

O acordo de reforma laboral debe vir acompañado dunha política salarial que se traduza en ganancias de poder adquisitivo para as persoas traballadoras

Igualmente, para asegurar que o acordo finalmente acábase materializando nunha mellora das condicións laborais das persoas traballadoras, é necesario que se siga complementando con outras actuacións. A primeira, en materia salarial: a xeración de emprego estable debe vir acompañada dunha política salarial que se traduza en ganancias de poder adquisitivo para as persoas traballadoras, en consonancia coa actual fase expansiva na que se atopa a economía. Para iso, desde o sindicato esiximos que o SMI se sitúe xa en 1.000 euros á vez que o Salario Mínimo de Convenio debe crecer tamén neste novo ano ata os 1.100 euros.

Análise dos datos

Cos datos publicados hoxe polo Ministerio de Trabajo y Economía Social e polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones compróbase unha evolución lóxica nos datos de desemprego no Nadal. Aínda que hai que ter en conta que nas series interanuais o contexto base era moi diferente, con outro nivel de pandemia e vacinacións.

En Galicia, no mes de decembro dáse unha caída do paro do 0,11%, 163 persoas menos, moito máis leve en comparación coa rexistrada no resto do Estado, do 2,41%. Así, hai nesta Comunidade un total de 152.584 persoas en situación de desemprego, 3.105.905 no Estado.

En relación a hai un ano, a caída do desemprego foi histórica, dun 19,52% en Galicia, 37.003 persoas menos no paro, e do 20,12% no Estado. Aínda que hai que precisar que os contextos de 2020 e 2021 son diferentes, como xa se comentaba en parágrafos precedentes.

 

 

Galicia

Estado

2021/Decembro

152.584

3.105.905

Variación absoluta mes anterior

-163

-76.782

Variación relativa

-0,11

-2,41

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-37.003

-782.232

Variación relativa

-19,52

-20,12


 


 

Ano

Decembro

Var. Mensual

Var. Interanual

2007

154.982

1,5

-3,5

2008

189.903

5,0

22,5

2009

222.839

2,8

17,3

2010

237.313

2,4

6,5

2011

258.234

1,9

8,8

2012

278.787

0,8

8,0

2013

271.063

0,1

-2,8

2014

251.918

1,3

-7,1

2015

228.808

1,6

-9,2

2016

205.914

1,2

-10,0

2017

185.013

-1,2

-10,2

2018

169.295

-0,6

-8,5

2019

165.308

-0,2

-2,4

2020

189.587

1,1

14,7

2021

152.584

-0,1

-19,5


 

Son 6.074 os mozos e mozas menores de 25 anos en desemprego. Baixando en 542 persoas en relación ó mes anterior, o que supón un 8,19%, unha baixada moito máis acusada que no conxunto de idades. Non se pode esquecer que decembro é un mes de incorporación da mocidade ó mercado de traballo polos contratos eventuais de Nadal. En relación a hai un ano, a caída tamén é moito máis forte que no conxunto de idades, dun 34,24%.

Por sexos, no mes a evolución foi máis negativa para os homes, basicamente polo aumento do desemprego no sector da construción e na industria. Así, medrou o paro no 2,01% pero baixou no caso das mulleres nun 1,61%.

Non obstante, no ano, e dende unha perspectiva xa estrutural, a evolución do emprego en Galicia beneficia máis ós homes, caendo o paro nun 21,38% e nun 18,09% no caso das mulleres. Isto conduce a que en termos estruturais as mulleres seguen a representar o 57,6% do total do desemprego, 87.841 mulleres en situación de desemprego, fronte a 64.743 homes.

Por sectores, o paro incrementouse no mes na construción, nun 6,02%, no primario, nun 4,2%, e na industria, nun 1,52%. No sector servizos caeu nun 0,72% e no colectivo de sen emprego anterior nun 4,24%.

No ano rexistrouse unha contracción acusada en todos os sectores, destacando 24.749 persoas menos no sector servizos; 3.219 na construción; 3.388 menos na industria; 4.000 no colectivo de sen emprego anterior; e 1.647 no sector primario.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2021/Decembro

152.584

5.738

17.071

11.399

106.532

11.844

Variación absoluta mes anterior

-163

230

255

647

-770

-525

Variación relativa

-0,11

4,18

1,52

6,02

-0,72

-4,24

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-37.003

-1.647

-3.388

-3.219

-24.749

-4.000

Variación relativa

-19,52

-22,30

-16,56

-22,02

-18,85

-25,25

 

En termos provinciais, medra en Pontevedra, un 1.01%; nas restantes cae, o -1,59% en Ourense, -1,46% en Lugo e -0,44% na Coruña.

No ano dáse unha forte contracción en todas elas. Caída máis contundente na de Lugo, -23.15%, na Coruña, -20,21%, en Ourense, -19,66%, e en Pontevedra, o 17,82% de caída.

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

2021/Decembro

60.891

14.546

17.046

60.101

Variación absoluta mes anterior

-272

-215

-275

599

Variación relativa

-0,44

-1,46

-1,59

1,01

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-15.420

-4.382

-4.172

-13.029

Variación relativa

-20,21

-23,15

-19,66

-17,82


 

Cos datos de decembro compróbase que se realizaron 72.914 contratos, o 9.46% desta contratación é de carácter indefinida. Tralo mes anterior, no que houbo unha campaña do Ministerio de conversión de contratos temporais en indefinidos, volve a ter unha porcentaxe do 9.46% a contratación indefinida sobre a total. De cada 100 contratos tan só 9.46 son indefinidos.


 

 

TOTAL

Indef

Conv

Temp

% Conv

total

% indef

2021/Decembro

6.895

3.642

66.019

52,82

72.914

9,46

Variación absoluta mes anterior

-4.978

-3.957

-10.405

-11,2

-15.383

-4,0

Variación relativa

-41,93

-52,07

-13,61

 

-17,42

 

Variación absoluta mismo mes del año anterior

1.732

1.066

13.710

2,9

15.442

0,5

Variación relativa

33,55

41,38

26,21

 

26,87

 


 

A asistencialidade segue a dominar as prestacións

A taxa de cobertura por desemprego en novembro de 2021 (último dato dispoñible) sitúase nun 61,5%. As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego foron 86.347. Destas, o número de persoas beneficiarias de prestación contributiva son 38.661, o 44,8%. Polo tanto, a maioría das persoas beneficiarias de cobertura de desemprego dependen de modalidades de carácter asistencial, situación desfavorable, de cada 100 prestacións, 44,8% son de carácter contributiva e o 55,2% restante son asistenciais.


 


 


 

Novembro 2021

Prestación contributiva

subsidio

renda activa de inserción

Totais

GALICIA

38.661

41.644

6.042

86.347

 


 

Mal dato en Galicia de afiliación á Seguridade Social

En canto á evolución nas cifras de afiliación á Seguridade Social (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 1.032.784, cae no mes o 0,26%, fronte ao aumento no mes do 0,37% no Estado. Distinta estacionalidade sectorial segundo comunidades autónomas, pero non é un bo dato en Galicia.

Medra a afiliación / cotización á Seguridad Social no ano en Galicia o 3,06%, bo indicador interanaual, tamén no Estado medra, e de forma máis acusada, no 4,08%.


 

2021/Decembro

Galicia

Estado

1.032.784

19.824.911

Variación absoluta mes anterior

-2.713

72.553

Variación relativa

-0,26

0,37

Variación absoluta mismo mes del año anterior

30.624

776.478

Variación relativa

3,06

4,08


 

En Galicia hai actualmente a 31 de decembro de 2021 tan só 1.060 traballadores e traballadoras en ERTE non COVID e 4.216 ERTE Covid-19. UGT-Galicia insiste en que os ERTEs seguen a ser imprescindibles no contexto non resolto aínda de pandemia.


 


 

EMPRESAS E TRABALLADORES EN SITUACIÓN DE ERTE DECEMBRO 2021

CC.AA/
PROVINCIA

ERTES NO COVID

TOTAL ERTES COVID 19

CCC

TRABAJADORES EN ERTE

TRABAJADORES POR GÉNERO
(Último dia mes)

CCC

TRABAJADORES EN ERTE

TRABAJADORES POR GÉNERO
(Último dia mes)

TOTALES
(Último dia mes)

MEDIOS
DICIEMBRE

TOTALES
(Último dia mes)

MEDIOS
DICIEMBRE

HOMBRES

MUJERES

TOTALES
(Último dia mes)

MEDIOS
DICIEMBRE

TOTALES
(Último dia mes)

MEDIOS
DICIEMBRE

HOMBRES

MUJERES

GALICIA

 

176

178

1.060

1.108

778

282

1.725

1.742

4.216

4.267

1.655

2.561

15

A Coruña

60

61

406

444

294

112

752

757

2.073

2.087

822

1.251

27

Lugo

10

10

36

36

19

17

182

184

314

316

117

197

32

Orense

24

24

74

76

42

32

250

252

483

489

204

279

36

Pontevedra

82

83

544

552

423

121

541

549

1.346

1.376

512

834


 


 


 


 


 

GALICIA

Decembro 2021

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

152.584

-163

-0,11

-37.003

-19,5

* homes

64.743

1.276

2,01

-17.606

-21,4

* mulleres

87.841

-1.439

-1,61

-19.397

-18,1

* mozos e mozas < 25 anos

6.074

-542

-8,2

-3.163

-34,2

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.738

230

4,2

-1.647

-22,3

* industria

17.071

255

1,5

-3.388

-16,6

* construción

11.399

647

6,0

-3.219

-22,0

* servizos

106.532

-770

-0,7

-24.749

-18,9

* sen emprego anterior

11.844

-525

-4,2

-4.000

-25,2

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (novembro)

86.347

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (novembro)

61,51

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

60.891

-272,0

-0,4

-15.420,0

-20,2

Lugo

14.546

-215,0

-1,5

-4.382,0

-23,2

Ourense

17.046

-275,0

-1,6

-4.172,0

-19,7

Pontevedra

60.101

599,0

1,0

-13.029,0

-17,8

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

72.914

-15.383

-17,4

15.442

26,9

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.895

-4.978

-41,9

1.732

33,5

* temporais

66.019

-10.405

-13,6

13.710

26,2

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.032.784

-2.713

-0,3

30.624

3,1

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 

Fuente: UGT-Galicia