As afiliadas e afiliados, os cadros e as delegadas e delegados de UGT valoran en urna o IV AENC

As afiliadas e afiliados, cadros e delegadas e delegados de UGT en Galicia votaron en urna, durante os días 2 e 3, os contidos do preacordo alcanzado entre UGT, CCOO, CEOE e CEPYME para dirixir a negociación dos convenios colectivos durante o próximos tres anos.

A consulta está a desenvolverse en dúas fases: unha fase de votación online que comezou ás 14:00 horas do martes 26 de xuño; a segunda fase, de votación presencial, que se iniciou o día 2 para rematar hoxe, día 3.

Para facilitar a participación de todos aqueles uxetistas que o desexen, o Sindicato habilitou mecanismos de votación en 78 sedes da Organización, 16 en Galicia, repartidas por todo o país.

Un AENC para empezar un novo ciclo

O Preacordo alcanzado o pasado luns 25 de xuño para un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (IV AENC) supón un punto de inflexión e a apertura dun proceso de subidas salariais e mellora das condicións laborais. Estamos ante un acordo que nos permite iniciar o camiño da recuperación. Somos conscientes de que vai durar tempo; o que se perdeu desde o ano 2009 ata 2018, desde o punto de vista dos salarios, dos dereitos, é moi importante, e recuperalo non será cuestión dun só acordo. Pero si que valoramos que este camiño vai levar a recuperar salarios e dereitos, e especialmente valoramos que o acordo recolla que ningún traballador no noso país poderá cobrar menos de 14.000 euros ao ano en 2020, ou o que é o mesmo, 1.000 euros ao mes.

Esta é unha medida que nos axudará a recuperar a recadación da SS, a que as persoas poidan vivir en mellores condicións e a mellorar o emprego.

Os principais puntos do preacordo son:

Unha subida na contorna do 2% máis 1% adicional que estará relacionado coa produtividade, resultados de empresa, etc.

Consecución progresiva, ata 2020, dun salario mínimo de convenio de 1.000 euros ao mes en 14 pagas.

Mantemento das condicións pactadas en convenio durante o período que ocupe a negociación da súa renovación.

Compromiso de apertura de negociación tripartita para mellorar as condicións laborais de traballadoras e traballadores:

Modificar a regulación da subcontratación ( art.42 ET).

Recuperar as condicións orixinais do contrato relevo.

Que os convenios poidan recoller a xubilación por cumprimento da idade ordinaria.

Medidas que favorezan a igualdade laboral e salarial de homes e mulleres.ç

Regulación dun novo mecanismo para facilitar o mantemento do emprego en empresas con dificultades económicas.

Modificación do sistema de Formación para o emprego.

Observatorio para a análise do absentismo non desexado.

Facilitar o acceso a prestacións ao termo do contrato.

​​

Fuente: UGT-Galicia