27 de marzo, manifestación polo futuro de Aluiberica
Fecha: 17 Mar 2021

Na defensa do emprego, por un futuro industrial y contra a represión sindical
A sucesión de despedimentos desde o mes de decembro na Sociedade Alu Ibérica, LC SL (antiga Alcoa A Coruña), primeiro, dunha traballadora ese mesmo mes, e logo, en febreiro, de catro representantes sindicais —o presidente e vicepresidente do comité de empresa, un membro dese comité e un delegado de sección sindical—, acredita un paso adiante na espiral de violencia empresarial, que busca, sen máis, o desmantelamento da factoría que o grupo Riesgo adquiriu mediante un proceso que hoxe está sendo investigado polo ministerio fiscal e a Audiencia Nacional.
Demandamos unha solución que garanta realmente a continuidade industrial e dos postos de traballo. A cinco meses do remate do prazo establecido nas condicións da venda da fábrica e de mantemento do emprego derivado da operación da venda por Alcoa, existe un risco clarísimo de desmantelamento e desaparición da fábrica, coa agravante de atopármonos nunha crise económica, derivada da crise sanitaria por mor da pandemia.
Polo tanto, CCOO, UGT e CIG chamámoste a mobilizarte para protexer as persoas que loitan por salvar a industria, que é un sector estratéxico da economía e do emprego no país.