11N FOLGA XERAL: Salarios - Vivenda - Prezos

UGT e CCOO chamamos aos homes e mulleres do noso país para mobilizarse por mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos ante unha inflación que lastra o noso poder adquisitivo

Fecha: 08 Oct 2026

FX

A folga xeral do 11N é a resposta á insaciable avaricia inmobiliaria que especula cun dos principais dereitos de cidadanía, facendo practicamente imposible o acceso á maioría a unha vivenda digna.

A folga xeral do 11N é a denuncia da clase traballadora a unha política empresarial que aproveita o crecemento económico do país para engordar o seu patrimonio con grandes beneficios a costa dos salarios das persoas traballadoras.

A folga xeral do 11N mostra a indignación da maioría do país por un modelo económico que traslada aos prezos ao consumo de bens básicos, as marxes empresariais para sufragar os incrementos dos custos da crise enerxética provocada pola infamia das guerras.

A folga xeral do 11N móstranos a forza dunha sociedade mobilizada liderada pola mocidade, mulleres e homes que demostran o seu compromiso coa loita colectiva e que para nada son a xeración de cristal.

A folga xeral do 11N é un clamor contra a precariedade laboral e habitacional que lastra a millóns de persoas, e especialmente a mulleres e migrantes afectados por unha situación de vulnerabilidade económica.

A folga xeral do 11N é un chamamento para vivir dignamente, a non deixarnos a saúde no traballo, a non ser estigmatizados por empresarios carecedores de ética cando enfermamos, a que as nosas preocupacións por chegar a fin de mes e non ser desafiuzadas non nos aboquen á enfermidade mental.

A folga xeral do 11N confirma o compromiso da sociedade cuns servizos públicos que garantan a saúde, educación, coidados e vivenda evitando que sexan as persoas traballadoras as que llo teñan que pagar no sector privado.

UGT e CCOO chamamos á folga xeral o 11 de novembro para desbloquear a negociación colectiva, para:

  • subir salarios
  • reducir a xornada
  • mellorar a saúde das persoas traballadoras
  • erradicar a precariedade
     

    UGT e CCOO chamamos á folga xeral para emprazar a todas as administracións públicas a impulsar políticas que acaben coa especulación da vivenda.

UGT e CCOO chamamos á folga xeral para que se poña control á deriva dos prezos que lastran as rendas da clase traballadora.

 

O COMUNICADO COMPLETO

Fuente: UGT-Galicia