A evolución da sinistralidade nos primeiros meses de 2016, con 22 falecidos, sitúa a Galicia á cabeza do Estado cunha incidencia que duplica a media estatal

Os datos referidos á sinistralidade rexistrada en Galicia nos seis primeiros meses do ano reflicten que esta non cesa e, ademais, os accidentes de carácter mortal sitúan a esta comunidade á cabeza do Estado no relativo aos índices de incidencia, é dicir, cando se relaciona o número de accidentes coa poboación asalariada. É evidente que, á vista dos datos, aínda

Leer mas…

Os salarios da xuventude galega son un 9,4 por cento máis baixos que a media estatal

Con motivo dacelebración, mañá, do Día internacional da xuventude, UGT-Galiciafai unha análise da situación do mercado laboral da xuventude galega que resulta devastadora. Altas taxas de desemprego,temporalidade, parcialidade, salarios moi por debaixo que no restodas idades e taxas de pobreza ou exclusión social alarmantes.Situación que se agudizou aínda máis coa entrada en vigor daReforma laboral imposta polo Goberno do PP.

Leer mas…

O bo dato do paro do mes de xuño vése empañado coa precariedade, os altos niveis de rotación na contratación e unha taxa de cobertura en mínimos históricos

Aínda que melloran certos indicadores do mercado laboral pola estacionalidade, non se crea emprego estable e de calidade


 

UGT-Galicia valora positivamente os datos do paro de mes de xuño, cun descenso do 6 por cento en Galicia, o 3,2 por cento a nivel do Estado, pero lamenta que esta mellora coxuntural non se vexa reflexada na mellora da calidade dos contrato e, sobre todo, da taxa de cobertura do desemprego.

Leer mas…

UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de maio, aínda que alerta sobre a precariedade e temporalidade do emprego que se crea

UGT-Galicia recoñece o bo dato do paro referido ao mes de maio, aínda que alerta que se continúa afondando na senda da precariedade e temporalidade dos meses anteriores. Un claro reflexo isto da estacionalidade do mercado laboral galego, vinculada a actividades ligadas á temporada de verán e primavera.

Leer mas…

Rotación, temporalidade e estacionalidade debuxan un mercado laboral inestable que provoca peores cotizacións á Seguridade Social

Os datos facilitados hoxe polo INEM, aínda que reflicten unha caída do desemprego, tamén apuntan a que a creación de postos de traballo que tivo lugar neste mes estivo marcada pola rotación, temporalidade e estacionalidade (Semana Santa). Todo isto contribúe a debuxar un mercado laboral inestable, no que o emprego que se crea é temporal e precario, basicamente como consecuencia da reforma laboral. Este emprego de baixa calidade conduce a menos e peores cotizacións á Seguridade Social, o que pon en risco as pensións.

Leer mas…

En Galicia, no mes de decembro, sube o paro e baixa a afiliación á SS

Remata o mes de decembro de 2015 con 228.808 desempregados en Galicia, medrando o 1,62% con respecto ao mes anterior, 3.650 desempregados máis. Evolución contraria  ao sucedido no Estado, no que cae o desemprego o -1.34% No Estado a cifra de desempregados sitúase en 4.093.508 persoas.

En Galicia a variación interanual foi de baixada do desemprego do 9,2%, 23.110 desempregados menos; no Estado a baixada foi do 7,96%.

Leer mas…

Os orzamentos da Xunta para o 2016 esquécense da reactivación económica, a xeración de emprego, da diversificación do tecido produtivo, do reforzamento dos servizos públicos e a mellora da protección social

UGT-Galicia e o S.N. de CCOO de Galicia ofreceron hoxe en Santiago unha rolda de prensa na que analizaron os orzamentos da Xunta para o ano 2016. Orzamentos que foron cualificados como pouco cribles, electoralistas e que non teñen en conta a realidade galega.

Leer mas…

A Reforma laboral incrementa a taxa de paro da mocidade galega en catro puntos, sitúa a temporalidade en case o 50 por cento e eleva a parcialidade ao 21 por cento

A secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez, e o secretario de Política Sindical, Relacións Laborais e Formación do Sindicato, José Domingo Barros, presentaron hoxe en Santiago o informe “A precariedade laboral da xuventude en Galicia”. Esta análise contextualízase na grave situación económica que se está a vivir

Leer mas…

Páginas