A recuperación non pode basearse en precarizar aínda máis a contratación
Mozos e mulleres son os colectivos máis perxiducados pola falta de traballo e por contratos cada vez máis precarios
As mozas e os mozos galegos, a pesar do seu bo nivel formativo, soportan taxas de paro superiores ao resto da poboación, fortísimas perdas de poboación activa polo efecto desánimo, altas taxas de parcialidade e temporalidade e salario moito máis baixos. Isto conduce a unha situación de vulnerabilidade que urxe corrixir co fin de consolidar un mercado laboral máis xusto para todos, áxil e eficiente.
Os datos do paro rexistrado facilitados hoxe polo INE evidencian que, aínda que baixa timidamente o desemprego, este segue afectando máis ás mulleres que aos homes. Os mozos, os menores de 25 anos, tamén volven a ser diana do desemprego que baixa no conxunto de idades pero medra un 2,7% entre os mozos galegos.
Os datos de paro rexistrado en Galicia reflicten que na nosa Comunidade non se está a crear emprego ao mesmo ritmo que no resto de España. A estacionalidade e a baixa calidade e duración destas contratacións non logra maquillar a debilidade do mercado laboral galego.
A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre do ano demostra que a creación de emprego en España ven da man dun emprego temporal, de escasa calidade e baixos salarios.
UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de xuño, ainda que amosa a súa fonda preocupación pola precariedade e a temporalidade do emprego que se está a crear. Así, só o 6,96 por cento dos contratos asinados no mes de xuño foron indefinidos. A isto temos que engadirlle a maior debilidade da recuperación do emprego feminino fronte ao masculino e a extensión da brecha entre homes e mulleres no desemprego.