UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse o día 15 porque xa chegou a hora de rescatar ás persoas

O secretarioxeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto co máximoresponsable do S.N. de CCOO de Galicia, ofreceron hoxe en Santiagounha rolda de prensa na que presentaron as mobilizacións que ambossindicatos convocan para o vindeiro xoves, día 15, en todo o Estadoe que en Galicia se traducirán en nove actos, seis concentracións etres manifestacións. Todas elas baixo o lema “As persoas e os seusdereitos: o primeiro”.

Leer mas…

O bo dato do paro do mes de xuño vése empañado coa precariedade, os altos niveis de rotación na contratación e unha taxa de cobertura en mínimos históricos

Aínda que melloran certos indicadores do mercado laboral pola estacionalidade, non se crea emprego estable e de calidade


 

UGT-Galicia valora positivamente os datos do paro de mes de xuño, cun descenso do 6 por cento en Galicia, o 3,2 por cento a nivel do Estado, pero lamenta que esta mellora coxuntural non se vexa reflexada na mellora da calidade dos contrato e, sobre todo, da taxa de cobertura do desemprego.

Leer mas…

Por un cambio de rumbo que free a violación de dereitos das persoas migrantes e refuxiadas

​As políticas europeas de migración e asilo, lonxe de dar unha resposta solidaria, baseada no respecto aos dereitos humanos das persoas migrantes e refuxiadas, puxeron en grave risco as vidas de miles de persoas, moitas delas mulleres e nenos, convertendo o mar Mediterráneo na maior fosa común no mundo onde morreron máis de 25.000 persoas nos últimos 15 anos.

Leer mas…

FeSP-UGT denuncia que Medio Rural intenta desmantelar os servizos de prevención e extinción de lumes de Galicia con políticas clientelares de contratación e precariedade laboral

A Federación de Empregados e Empregadas de Servizos Públicos de UGT-GALICIA (FeSP-UGT de Galicia) amosa a súa indignación polas recentes declaracións realizadas polo director xeral de Ordenación e Produción forestal da Consellería de Medio Rural no Parlamento que son unha mostra máis da política de desmantelamento dos servizos públicos que se pretende no eido desta Consellería.

Leer mas…

17 MAIO DE 2016, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O galego perténcelle a toda a sociedade; é de todas e todosnós, un tesouro colectivo que debe ficar alleo de calquera tipo deconfrontación. Están aínda relativamente recentes episodios vergoñentos en quea lingua galega foi utilizada co obxectivo de obter réditos políticos. Cadrandocoas eleccións autonómicas do ano 2009, viviuse unha situación de crispacióncomo non se recordaba, chegándose incluso a cuestionar o papel da lingua galegano ensino.

Leer mas…

FeSP UGT GALICIA valora de xeito positivo o Acordo acadado hoxe coa Xunta de Galicia posto que agora sí recupera a paga extra que será integra en 2017

Dende a Federación de Empregados e Empregadas de Servizos Públicos de UGT-GALICIA (FeSP-UGT de Galicia), e as demais organizacións sindicais dos Servizos Públicos (agás a CIG que se abstivo) acabamos de chegar a Acordo coa Xunta de Galicia  para a extensión do “DEREITO A PERCIBIR PAGA EXTRA PROPORCIONAL DO 1 DE XANEIRO AO 28 DE FEBREIRO DE 2013… a todo o persoal da Xunta de Galicia.

Leer mas…

Concentracións o mércores 16 en toda Galicia contra o acordo UE-Turquía para deportar as persoas refuxiadas

As organizacións convocantes consideran que esta actuación vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan o Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan os galegos e

Leer mas…

Páginas