UGT chama á cidadanía galega a participar neste Primeiro de Maio porque está en xogo o modelo laboral e social do futuro
O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, ofreceu hoxe en Santiago, xunto co seu homólogo do S.N. de CCOO de Galicia unha rolda de prensa na que presentou o Primeiro de Maio en Galicia que se vai desenvolver con manifestacións en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo,Viveiro, Ourense, Pontevedra, Arousa e Vigo, onde será o acto central.
A Reforma Laboral afunde os salarios
A Reforma Laboral do ano 2012, imposta polo Goberno do PP, afundiu os salarios, abaratou os custos laborais, agrediu os dereitos laborais -xerando importantes taxas de precariedade- e promoveu o trasvase das rendas das persoas asalariadas ás empresas.
O Consello Galego de Relacións Laborais aproba un documento de “Recomendacións para a negociación colectiva do 2018”
O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais,aprobou por unanimidade as recomendacións en materia de negociación colectiva para o ano 2018. O Consello Galego de Relacións Laborais foi creado pola Lei 7/1988, de 12 de xullo como un órgano de diálogo institucional entre os axentes sociais galegos, así como un órgano consultivo e asesor da Xunta de Galicia en materias relativas á súa política laboral. Está conformado por conselleiros de UGT, CCOO, CIG e a Confederación de Empresarios.
UGT-Galicia denuncia que o emprego que se crea é temporal, de baixa calidade e baixos salarios
A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre do ano demostra que a creación de emprego en España ven da man dun emprego temporal, de escasa calidade e baixos salarios.
Novamente UGT dá un paso firme e seguro asinando o preacordo coas patronais do transporte de viaxeiros de Galicia
A firma do acordo coa Xunta e o preacordo asinado onte coa patronal ratifica o compromiso serio de UGT e o avance das melloras sociais no transporte de viaxeiros por estrada en Galicia
Os profesionais da seguridade privada mobilízanse contra a precariedade
A seguridade en España enfróntase a un momento crucial para a mellora das condicións laborais e sociais do sector, e neste obxectivo será determinante o resultado da negociación colectiva.
Máis de 18.000 traballadores do metal da provincia de A Coruña están chamados á folga por un convenio xusto
Mañá, día 22 de xuño, máis de 18.000 traballadores do sector do metal da provincia de A Coruña están chamados a secundar unha xornada de folga, convocada por UGT-FICA, xunto con CCOO e CIG, para demandar un convenio xusto tras dous anos de negociación e continuos atrancos por parte da patronal para pechar un acordo que garanta unhas condicións salariais e sociais dignas para os traballadores do sector.