Centro de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes de Ourense

Cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Dirección General de Inclusión y Atención Humanitaria do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, este Centro ven funcionando en Galicia dende o ano 1992. Dende o ano 2002 ten a categoría de centro de inserción laboral permitíndolle esta nova denominación impartir cursos de formación para os inmigrantes.

Leer mas…

UGT reanuda o servizo de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes no seu centro de Ourense

UGT-Galicia vén de reanudar o servizo do Centro de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes (CIASI) en Ourense cuxas accións teñen como principal destinatario o colectivo de inmigrantes regulares de orixe non comunitario e que presenten un alto grado de vulnerabilidade, así como, inmigrantes que estean nunha situación de desemprego ou que desempeñen tarefas laborais en condicións precarias. Ademais, os traballos de información e asesoramento tamén van dirixidos a inmigrantes que desexen mellorar o seu nivel de empregabilidade.

Leer mas…

Por un cambio de rumbo que free a violación de dereitos das persoas migrantes e refuxiadas

​As políticas europeas de migración e asilo, lonxe de dar unha resposta solidaria, baseada no respecto aos dereitos humanos das persoas migrantes e refuxiadas, puxeron en grave risco as vidas de miles de persoas, moitas delas mulleres e nenos, convertendo o mar Mediterráneo na maior fosa común no mundo onde morreron máis de 25.000 persoas nos últimos 15 anos.

Leer mas…

Concentracións o mércores 16 en toda Galicia contra o acordo UE-Turquía para deportar as persoas refuxiadas

As organizacións convocantes consideran que esta actuación vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan o Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan os galegos e

Leer mas…

UGT-Galicia adhírese á iniciativa “pasaxes seguras” e apoia a marcha europea polos dereitos dos refuxiados

UGT-Galicia apoia as mobilizacións convocadas para o vindeiro día 27 de febreiro en diferentes cidades galegas, así como no resto do Estado e Europa, para esixir solucións á crise humanitaria que están padecendo miles de persoas que xa se atopan en territorio da Unión Europea ou que están intentando chegar a el.

Leer mas…

Milleiros de galegos e galegas amosaron a súa solidariedade coas persoas refuxiadas

Milleiros de galegos e galegas amosaron hoxe a súa solidariedade coas persoas refuxiadas e participaron nas concentracións e manifestacións que tiveron lugar nas sete grandes cidades do país. Os actos reivindicativos e solidarios en Galicia foron convocados por UGT, CCOO, CIG, PSOE, EU, ANOVA, BNG, Podemos, Asemblea de Cooperación

Leer mas…