Centro de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes de Ourense

Subvencionado pola Dirección General de Atención Humanitaria e Inclusión Social da Inmigración do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones (MISSM), e cofinanciado polo Fondo Social Europeo + (FSE+), este Centro ven funcionando en Galicia dende o ano 1992.. Dende o ano 2002 ten a categoría de centro de inserción laboral permitíndolle esta nova denominación impartir cursos de formación para os inmigrantes.

O obxectivo deste Centro de Información e Asesoramento Sociolaboral de UGT ofrece a información e o asesoramento necesario para resolver as dúbidas e inquietudes que nos formula este colectivo de traballadoras e traballadores estranxeiros, tanto en temas laborais, como sociais e de estranxeiría. A través deste proxecto, realízanse Itinerarios Individualizados de Inserción Sociolaboral, que van orientados a facilitar o acceso e/ou mantemento no mercado laboral.

Os itinerarios integrados de inserción profesional conteñen as seguintes actuacións: diagnóstico, preformación, orientación laboral e formación profesional ocupacional.

Ao longo deste ano 2023, seguiremos realizando actividades de orientación e asesoramento laboral e de estranxeiría, información e asesoramento en cuestións que favorezan unha efectiva inserción sociolaboral (confección C.V., preparación de entrevistas de traballo, homologación de titulación, certificados de profesionalidade, conciliación, accións formativas…), información sobre recursos existentes (educativos, formativos, asistenciais…), e continuaremos con talleres de alfabetización e capacitación dixital, dereitos e obrigacións laborais, habilidades sociais, técnicas de procura de emprego, etc. Así mesmo seguiremos desenvolvendo, de forma gratuíta, os talleres de preparación das probas de CCSE E DELE necesarias para a solicitude de nacionalidade española; ademais, este ano continuaremos cos talleres formativos de xestións administrativas telemáticas.

CARTEL INFORMATIVO SOBRE O CENTRO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOCIOLABORAL PARA INMIGRANTES

centro información inmigrantes ourense

CARTEL ACCIÓNS CIASI

cartel accións ciasi ourense

DÍPTICO CIASI 2023

díptico

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

TALLERES DE PREPARACIÖN PARA LA NACIONALIDAD ESPAÑOLA (PRUEBA CCSE)

CURSO SOBRE ACCIDENTES Y PRIMEROS AUXILIOS EN PERSONAS MAYORES

TALLERES EMPREGADAS DO FOGAR

TALLERES EMPREGADAS FOGAR

 

MINISTERRIO MIGRACIÓN OURENSE

Fuente: UGT-Galicia