Gabinete de Igualdade de UGT-Galicia

Fecha: 11 Ene 2019

 

Ao abeiro dos acordos do diálogo social, coa colaboración da Xunta de Galicia, UGT Galicia creou un Gabinete de Igualdade.O Gabinete Técnico de UGT Galicia constitúese como unha área técnica responsable de:

  • Apoio técnico e asesoramento ás empresas e aos representantes sindicais no fomento da igualdade laboral en ámbitos como: contidos da negociación colectiva e introdución da perspectiva de xénero, proceso de selección e contratación, clasificación profesional, formación, promoción profesional, condicións de traballo, exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral, infrarrepresentación feminina, retribucións, prevención do acoso moral, sexual e por razón de sexo, etc.
  • Apoio ás empresas e persoas traballadoras na definición e desenvolvemento dos plans de igualdade, así como á súa avaliación e seguimento.
  • Formación para responsables da negociación colectiva en materia de igualdade e plans de igualdade.
  • Diagnose permanente dende o punto de vista da igualdade e da fenda salarial, a través de diferentes actuacións, que poderán ser realizadas entre as que a continuación se relacionan:
  • Análise sectorial dos Plans de Igualdade que formen parte dun convenio colectivo.
  • Elaboración de informes sectoriais sobre situacións relativas a sectores feminizados, masculinizados, e sobre sectores con mellores condicións de traballo e salario.
  • Identificación de boas prácticas en Plans de Igualdade laboral de empresas galegas.
  • Impulsar programas de formación e sensibilización e formación dirixidos ás persoas negociadoras de convenios colectivos, segundo o acordado na mesa de diálogo social.
  • Propostas para a elaboración dunha ferramenta dixital autonómica sobre fenda salarial, segundo o acordado na Mesa de diálogo social.
  • Xornadas, talleres, seminarios e demais actividades formativas., informativas e divulgativas.
  • E aquelas outras consideracións que contribúan á mellora e á redución da fenda salarial e á igualdade laboral e de oportunidades

O Gabinete da cobertura a toda Galicia.

CONTACTA CONNOSCO: igualdade@galicia.ugt.org

PUBLICACIÓNS

Informe 2023 sobre a desigualdade salarial en Galicia
Informe 2022 sobre a desigualdade salarial en Galicia
Informe 2021 sobre a desigualdade salarial en Galicia
Informe 2023 sobre a situación sociolaboral da muller en Galicia
Informe 2022 sobre a situación sociolaboral da muller en Galicia
Informe 2021 sobre a situación sociolaboral da muller en Galicia