UGT convoca unha manifestación mañá en Sargadelos como símbolo de repulsa pola situación de persecución sindical que se vive en Sargadelos, en solidariedade coa delegada de UGT Rogelia Mariña e cos traballadores despedidos. A manifestación sairá ás 13.30 horas de Cervo (Lugo) ata chegar a Sargadelos onde está prevista unha concentración ás portas da fábrica.
As afiliadas e afiliados, os cadros e as delegadas e delegados de UGT valoran en urna o IV AENC
As afiliadas e afiliados, cadros e delegadas e delegados de UGT en Galicia votaron en urna, durante os días 2 e 3, os contidos do preacordo alcanzado entre UGT, CCOO, CEOE e CEPYME para dirixir a negociación dos convenios colectivos durante o próximos tres anos.
A consulta está a desenvolverse en dúas fases: unha fase de votación online que comezou ás 14:00 horas do martes 26 de xuño; a segunda fase, de votación presencial, que se iniciou o día 2 para rematar hoxe, día 3.
UGT organiza nas súas comarcas asembleas para analizar as negociacións dun novo AENC
UGT-Galicia organizou ao longo desta semana en varias comarcas asembleas informativas nas que o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto coas respectivas secretarias xerais ou secretarios xerais das comarcas, informaron aos delegados de cada un dos territorios sobre como avanzan o sobre o contido das negociacións dun novo AENC.
Agora, educación Pública
Plataforma pola Escola Pública:
mobilización o 8 de maio
Fai xa máis dun ano que se creou no Congreso dos Deputados a Subcomisión de Educación para un Pacto Educativo co obxectivo de paliar unha nítida esixencia da comunidade educativa: A derrogación da LOMCE, unha lei aprobada polo PP en contra do resto de grupos parlamentarios.
Pepe Álvarez insiste, nunha asemblea de delegados e delegadas en A Coruña, en que as mobilizacións son o instrumento máis importante para cambiar as cousas
Miles de persoas dixéronlle ao Goberno basta xa e demandaron pensións dignas hoxe nas rúas galegas
Miles de persoas saíron hoxe ás rúas da Coruña, Ferrol,Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra,Vigo, Vilagarcía, Viveiro, Foz,Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras para berrar que basta xa e demandar pensións dignas, a recuperación do poder adquisitivo das pensións e denunciar a miserable e irrisoria suba do 0,25%.
UGT-Galicia mobilízase en favor da igualdade
Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, UGT-Galicia chama a participar nos diversos actos e paros laborais que terán lugar durante estes días ata o 8 de marzo, baixo o lema "# VivasLibresUnidas", para loitar Pola Igualdade.