Cun incremento da sinistralidade de máis do 18% en Galicia no último ano e unha suba do 26% nos dous primeiros meses de 2022, urxe un Plan de choque

Este 28 de abril, Día mundial da seguridade e saúde no traballo, UGT reclama un Plan de choque, a redución dos riscos psicosociais, a creación do delegado/a de prevención sectorial/territorial, dotar á Inspección e Fiscalía de máis recursos e medidas específicas para a COVID persistente

Leer mas…

A sinistralidade laboral sube en Galicia no último ano un 2,39% e nos dous primeiros meses de 2019 os accidentes mortais incrementáronse nun 125%

Un ano máis, este 28 de abril, convértese nunha data na que os sindicatos van alzar a súa voz en lembranza e recoñecemento público de todas as persoas traballadoras vítimas dun accidente laboral ou dunha enfermidade profesional. Esta data tamén serve para denunciar e poñer en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que tanto as empresas como as administracións teñen grandes responsabilidades nesta materia. No 2019, o 28 de abril UGT o celebra baixo o lema “Traballos tóxicos. 28A: Toma o control.

Leer mas…

Neste 28 de abril, UGT denuncia os "Traballos tóxicos. Toma o control, esixe un traballo sen riscos"

Manifesto 28 de Abril de 2019

Cartel 28 de abril de 2019

Un ano máis, este 28 de abril, Día internacional da saúde e seguridade no traballo, UGT-Galicia ten que denunciar a incesante lacra que supoñen os accidentes laborais e as deficiencias que se continúan observando no eido da prevención e do coidado da saúde no traballo.

Leer mas…