UGT organiza mañá na Coruña e Vigo sendas asembleas nas que intervén Pepe Álvarez

Fecha: 30 Mar 2022

 

Pepe Álvarez intervén mañá en sendas asembleas de delegados e delegadas na Coruña e Vigo

Santiago, 30 de marzo de 2022.- UGT organiza mañá, día 31, sendas asembleas de delegados e delegadas na Coruña e Vigo nas que intervirá o secretario xeral do Sindicato, Pepe Álvarez.

Ambos actos enmárcanse nun conxunto de asembleas que o secretario xeral de UGT está a protagonizar por toda a xeografía española para analizar a situación actual que está a vivir o país, a súa economía, o mercado laboral e a sociedade en xeral. Nestas asembleas Pepe Álvarez tamén achegará as propostas de UGT.

Concretamente, pola mañá, ás 11.30 horas está previsto que arranque a asemblea da Coruña, que se celebrará no Centro Ágora, emprazado na Avenida Gramela, 17, na cidade herculina. Ás 11.00 horas, previa á asemblea, está prevista unha rolda de prensa, no mesmo emprazamento, na que intervirán o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez; o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; e o secretario xeral de UGT na Coruña-Cee, Ángel Iglesias.

Xa pola tarde, terá lugar a asemblea de Vigo, ás 18.00 horas no Auditorio Mar de Vigo, na Avenida Beiramar, 59. Tamén aquí está previsto un encontro cos medios de comunicación, concretamente, ás 17.45 horas, no lugar da asemblea, de Pepe Álvarez; José Antonio Gómez; e o secretario xeral de UGT-Vigo, Ernesto Fontanes.


 

Fuente: UGT-Galicia