UGT-Galicia renova a súa Área das mulleres
Fecha: 24 Oct 2025
UGT-Galicia renova a súa Área das mulleres
UGT-Galicia celebrou este xoves a renovación da súa Área das mulleres, situando ao fronte da mesma a Purificación Regueiro. Tamén formarán parte da Área Mónica Suárez, Isabel Pérez, Paula Alonso, Belén Louza e María del Carmen Ruibal.
Lembrar que esta Área quedou constituída en Galicia en setembro do ano 2023, dando así cumprimento ao mandato do 43 Congreso de UGT no que se instaba aos organismos do Sindicato a constituír estas áreas co obxecto de loitar pola igualdade real e efectiva entre homes e mulleres en todos os eidos da vida e tamén no ámbito laboral, porque é de xustiza promover o traballo decente para todos e todas.
UGT-Galicia agarda que esta Área continúe sendo un órgano de referencia en materia de igualdade para os afiliados e afiliadas do Sindicato, delegados e delegadas e para a sociedade no seu conxunto. Un punto de encontro no que debater, analizar, crear liñas de traballo e facer achegas en todo o relativo á situación da muller no eido laboral e social.