As traballadoras e traballadores galegos mobilizáronse hoxe por Palestina, pola paz, a xustiza e os dereitos humanos
Por un compromiso real coa paz duradeira, coa reconstrución e cunha solución para que dous estados convivan en paz e liberdade
Fecha: 15 Oct 2025

Por un compromiso real coa paz duradeira, coa reconstrución e cunha solución para que dous estados convivan en paz e liberdade
As traballadoras e traballadores galegos mobilizáronse hoxe por Palestina, pola paz, a xustiza e os dereitos humanos
Santiago, 15 de outubro de 2025.- As traballadoras e traballadores galegos pararon hoxe e mobilizáronse por Palestina, pola paz, a xustiza e os dereitos humanos. En demanda dun compromiso real coa paz duradeira, coa reconstrución e cunha solución para que dous estados convivan en paz e liberdade.
Estas mobilizacións convertéronse nun xeito de reafirmar o compromiso coa paz, o respecto ao dereito internacional e a defensa dos dereitos humanos. Ningún plan pode considerarse de paz duradeira se exclúe ao pobo palestino, se perpetúa a ocupación ou se ignora as resolucións de Nacións Unidas.
Por iso, hoxe, foi máis necesaria que nunca a mobilización nos centros de traballo e nas rúas para mostrar a aposta da cidadanía pola paz, a xustiza e a liberdade para o pobo palestino.
A pesar do entusiasmo co que se recibiu en diversos ámbitos o anuncio do chamado plan de paz para Gaza aceptado por Israel e Hamas, UGT mostra a súa cautela. Celébrase que se deteña o insoportable bombardeo sobre a poboación gazatí e a retirada que parece emprenderon parte das tropas israelís. Do mesmo xeito que calquera política humanitaria respecto a persoas secuestradas, encarceradas inxustamente, e en xeral, calquera paso que avance no respecto dos dereitos humanos.
Con todo, non se debe perder perspectiva sobre o que está a suceder. O acordo volve reproducir un esquema colonial en Palestina sen contar cos palestinos. Consolida a ruptura de calquera escenario de multilateralidade, e políticas exteriores que se moven ao capricho dos intereses das potencias como EEUU e Israel.
Así, este 15 de outubro esixiuse: que o alto ao fogo sexa permanente e verificable; que se asegure a axuda humanitaria; que se apoie a reconstrución de Gaza e se enfoque aos intereses do seu pobo, non á especulación estranxeira; que as tropas israelíes se retiren de todos os territorios palestinos; a suspensión completa e posterior revisión do Acordo de Asociación Unión Europea-Israel; medidas contra as empresas que se lucran dos asentamentos ilegais en Cisxordania; a prohibición do comercio de armas con Israel; a posta en marcha por parte de todas as administración de plans urxentes de cooperación con Palestina; e a investigación e proceso ás persoas e organizacións que cometeron crimes de guerra e de lesa humanidade e a a garantía de procesos de xustiza e reparación para as vítimas.
Polo tanto, as mobilizacións nos centros de traballo e nas rúas mañá foron unha aposta clara da cidadanía galega pola paz, a xustiza e a liberdade para Palestina.