O vindeiro día 15 di basta xa ao xenocidio contra o pobo Palestino
Participa nas concentracións convocadas nas cidades e vilas galegas, nos teus centros de traballo e secunda os paros de dúas horas segundo a túa quenda de traballo (10-14; 17-19; 2-4)
Fecha: 08 Oct 2025

UGT e CCOO convocamos unha xornada de loita o vindeiro mércores, 15 de outubro, en centros de traballo privados e públicos de todo o territorio, cun paro de dúas horas, de 10 a 12 nas quendas de mañá e nas xornadas partidas; de 17 a 19 nas quedas de tarde; e de 2 a 4 nas de noite; e con concentracións tantos nos propios centros de traballo como en diversas localizacións das cidades e vilas galegas. Di basta xa ao xenocidio do Estado israelí contra o pobo palestino.
O Estado de Palestina e especialmente a poboación de Gaza está a ser vítima dun xenocidio, crimes de guerra e de lesa humanidade, deportacións masivas e destrución das súas vivendas e infraestruturas.
A fame está a ser utilizada como arma, condenando a unha morte segura a decenas de miles de persoas, na súa maioría nenas e nenos e estase negando o acceso á axuda humanitaria, o que constitúe crimes de guerra.
A clase traballadora palestina é quen máis está a sufrir as consecuencias do masacre. Traballadoras e traballadores de todos os sectores están a ser asasinados, tamén persoal sanitario e de ONG’s e xornalistas, cuxo único delito foi tentar dar a coñecer a magnitude dos crimes que o Goberno ultradereitista de Israel está a levar a cabo en Gaza.
As persoas traballadoras condenamos a política de xenocidio, de colonización ilegal de territorios na Franxa de Gaza e en Cisxordania e a usurpación de bens palestinos por Israel. Ante a aparente indiferenza da comunidade internacional, esiximos o fin do xenocidio e o masacre contra o pobo palestino.
DESCARGA O MANIFESTO
