A reforma laboral segue mellorando a calidade do emprego, quedan flocos pendentes
O sindicato insiste en que urxe atallar cuestións como o paro de longa duración ou o custe do despedimento
Fecha: 04 Mar 2024

A reforma laboral segue mellorando a calidade do emprego, quedan flocos pendentes
O sindicato insiste en que urxe atallar cuestións como o paro de longa duración ou o custe do despedimento
Santiago, 4 de marzo de 2024.- As cifras de paro rexistrado do mes de febreiro publicadas hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE) mostran un descenso de 518 persoas desempregadas respecto ao mes anterior. Con relación ao ano anterior, o paro baixa en 13.509 persoas, situándose nun total de 130.583, o dato máis baixo nun mes de febreiro desde 1996. Pola súa banda, a afiliación á Seguridade Social increméntase en 4.488 persoas, con 1.055.018 persoas afiliadas.
Estes datos son o reflexo dun mercado laboral forte e resiliente, produto de todo o emprego de calidade que se está creando por mor da reforma laboral de 2021. Postos de traballo estables, asentados cada vez máis sobre o contrato indefinido, o que implica a configuración dunhas relacións laborais máis sólidas, cunha maior capacidade de resistencia ante contextos adversos.
O peso do contrato indefinido continúa manténdose en valores moi elevados, concretamente do 36,89% para este mes. En conxunto, realizáronse 3.005 contratos máis que o ano pasado, e de máis calidade, como tamén demostra o feito de que o contrato indefinido pasase de supoñer o 11,46%, no febreiro anterior á reforma, ao 36,89% do total de contratación neste febreiro.
O punto negativo pono a temporalidade do sector público, que continúa sendo moi elevada, concretamente do 31,2%.
Aspectos pendentes
Outro aspecto para mellorar o mercado de traballo é o desemprego estrutural, o paro de longa duración, que afecta 41.800 persoas desempregadas, segundo os últimos datos da EPA. Unha realidade que pon en evidencia a ineficacia das actuais políticas activas de emprego, en tanto que non son útiles para mellorar a inserción das persoas que máis dificultades teñen para atopar un emprego. Algo que non parece estar a solucionar a actual Lei de Emprego, aprobada sen o consenso social, ao non prover dos medios necesarios para que se desenvolvan uns servizos para o emprego efectivos, especialmente aqueles relacionados coa orientación profesional.
Por último, aínda quedan cuestións pendentes por completar na reforma laboral, como a modificación das causas e o custo do despedimento, necesaria para dotar a todo o emprego indefinido que se está creando dunha estabilidade real, cunha indemnización por despedimento que realmente teña un carácter disuasorio e resarcitorio. Isto acabaría fomentando outras vías de axuste alternativas ao despedimento, baseadas na flexibilidade interna, menos traumáticas tanto para o traballador como para a empresa; achegando á súa vez ás relacións laborais unha maior estabilidade e seguridade, moi necesarias para afrontar os retos futuros da economía.
Radiografía desemprego en Galicia
Concretando os datos que se fan públicos hoxe, en Galicia o desemprego baixou en 518 persoas con respecto ao mes anterior (0,40%), e no Estado esta cifra tamén baixou, un 0,27%. No ano rexistrouse unha contracción do desemprego, baixando en 13.509 persoas, un 9,38% menos. Así, o número total de desempregados sitúase en 130.583 persoas, mínimo histórico nun mes de febreiro en Galicia dende 1996.
Por idades, entre os menores de 25 anos, o desemprego subiu nun 1,63%, unha tendencia contraria ao resto de idades, e no ano a diminución foi dun 9,94%.
Por sexos, dáse no mes unha caída do paro en ambos casos. Entre os homes o desemprego baixa no mes un 0,34% e no caso das mulleres nun 0,44%. No ano baixou o desemprego en ambos casos, o 8,47% entre os homes e o 10,02% entre as mulleres. Dende UGT-Galicia alértase que, en termos estruturais, as mulleres seguen a representar o 57,92% do total do desemprego en Galicia. O paro afecta a un total de 75.628 mulleres, fronte a 54.955 homes.
En canto aos sectores, dáse unha baixada do paro en todos, salvo no colectivo sen emprego anterior, no que sube nun 1,81% no mes. Pola contra, baixa un 0,96% na industria; un 0,41% nos servizos; un 1,60% na agricultura e gandería; e un 1,66% na construción. No ano baixa en todos. Así, baixa un 10,28% no primario; o 13,50% na industria; o 12,97% na construción; o 9,05% no sector servizos; e o 3,70% entre o colectivo de sen emprego anterior.
O dato de contratación indefinida segue a ser moi bo, do 36,89%, aínda que, un mes máis, por abaixo do resto do Estado onde é do 46%. Realizáronse en febreiro un total de 49.602 contratos en Galicia.
Por sectores, destacan as porcentaxes de contratación indefinida na construción, do 74,6%. Tamén foron elevadas, aínda que non tanto, nos servizos, do 35,34%; na industria, do 28,36%; e no primario, do 50,22%.
En canto á taxa de cobertura, esta sitúase no 75,3%, con 90.226 persoas beneficiarias. Deste total, 41.421 perciben subsidios e 4.275 a Renda Activa de Inserción, dato que mellorou con respecto aos meses precedentes porque, de novo, volve a haber un maior número de prestacións contributivas, 44.530. Aída así, a cifra de persoas que dependen de prestacións non contributivas segue a ser elevada, o que amosa as dificultades que atravesan moitas persoas desempregadas a pesar de percibir prestacións por ser estas con contías moi baixas.
A afiliación á Seguridade Social sitúase en 1.055.018 de media mensual, subindo un 0,43% no mes e un 1,85% no ano.
GALICIA | 2024 / Febreiro | VARIACIÓN SOBRE | |||
Mes anterior | Mesmo mes ano anterior | ||||
nº | % | nº | % | ||
DESEMPREGO | |||||
Nº persoas paradas Estado | 2.760.408 | -7.452 | -0,3 | -150.607 | -5,2 |
Nº persoas paradas | 130.583 | -518 | -0,4 | -13.509 | -9,4 |
* homes | 54.955 | -185 | -0,3 | -5.084 | -8,5 |
* mulleres | 75.628 | -333 | -0,4 | -8.425 | -10,0 |
* mozos e mozas < 25 anos | 5.289 | 85 | 1,6 | -584 | -9,9 |
Por sectores* | |||||
* agricultura | 4.252 | -69 | -1,6 | -487 | -10,3 |
* industria | 12.785 | -124 | -1,0 | -1.995 | -13,5 |
* construción | 8.759 | -148 | -1,7 | -1.305 | -13,0 |
* servizos | 93.300 | -381 | -0,4 | -9.281 | -9,0 |
* sen emprego anterior | 11.487 | 204 | 1,8 | -441 | -3,7 |
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (xaneiro) | 90.226 |
| |||
(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (xaneiro) | 75,3 | ||||
Por provincias | |||||
A Coruña | 52.153 | -410 | -0,8 | -5.808 | -10,0 |
Lugo | 12.628 | -192 | -1,5 | -987 | -7,2 |
Ourense | 15.362 | -25 | -0,2 | -1.159 | -7,0 |
Pontevedra | 50.440 | 109 | 0,2 | -5.555 | -9,9 |
CONTRATACIÓN | |||||
Nº contratos | 49.602 | -3.201 | -6,1 | 3.403 | 7,4 |
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 18.299 | 358 | 2,0 | 398 | 2,2 |
* temporais | 31.303 | -3.559 | -10,2 | 3.005 | 10,6 |
(%) contratos indefinidos | 36,89 |
| |||
% Indefinidos primario | 50,22 | ||||
% Indefinidos industria | 28,36 | ||||
% Indefinidos construción | 74,60 | ||||
% Indefinidos servizos | 35,34 | ||||
AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL | |||||
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Estado | 20.708.382 | 103.621 | 0,5 | 538.240 | 2,7 |
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Galicia | 1.055.018 | 4.488 | 0,4 | 19.194 | 1,9 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones |