O 1º Congreso da FeSP-UGT Galicia reelixe a Delia Irene Martínez Conde
Fecha: 18 Feb 2021

O Congreso da FeSP-UGT de Galicia insta a Xunta e o goberno estatal a que reforcen os servizos públicos no marco dos plans de reconstrución económica e social postpandemia e abran a negociación para dar continuidade o Acordo 2018-2020 e continuar coa recuperación gradual de salarios, emprego e dereitos das empregadas e empregados públicos.
O Congreso fai un recoñecemento os empregados e empregadas de servizos públicos esenciais, unha chamada a responsabilidade social e individual, a avanzar na vacinación universal e con criterios éticos, e unha denuncia do goberno estatal e autonómico que non tomaron medidas para afrontar a segunda nin a terceira onda COVID en mellores condicións.
Os delegados e delegadas convocados ao 1º Congreso Rexional da Federación de empregadas e empregados dos Servizos Públicos de Galicia, reelixiron á compañeira Delia Irene Martínez Conde para seguir liderando a Comisión Executiva Rexional co 98 por cento dos votos. O congreso, que se celebrou en Santiago de Compostela tivo como lema "O Público, o noso compromiso”. A nova Comisión Executiva quedou formado polos seguintes compañeiros e compañeiras:
Sª Xeral |
Delia Irene Martínez Conde |
Sº de Organización |
Felipe Balboa Fernández |
Sª de Coordinación Electoral e Afiliativa |
Fina Martínez Bao |
Sª de Administración e Formación |
Antonio Díaz Seara |
Sª de Igualdade |
Susana Carballal Graña |
Sª Sector da Administración Xeral do Estado |
José Angel Carreira Martín |
Sª Sector de Administración Autonómica |
Lino Díaz Goas |
Sª Sector de Administración Local |
José Domingo Barros Montáns |
Sª Sector Postal |
Elvira Maceiras Piñeiros |
Sª Sector de Saúde, Servizos Sociosanitarios e Dependencia |
Javier Martínez Fente |
Sª Sector de Ensino |
Sandra Montero Nogareda |
Sª Sector de Servizos á Comunidade |
Juan Carlos Corredoira Barral |
O Congreso fai un recoñecemento os empregados e empregadas de servizos públicos esenciais de primeira liña que na fai 1 ano enfrontaron esta batalla contra a COVID con recursos escasos polos recortes de anos precedentes, cunha gran incerteza sobre o inimigo a bater, e sen medios para evitar e tratar cun inimigo mortífero.
As GRAZAS se acompañan dun chamamentos a manter a responsabilidade social e individual, a avanzar na vacinación universal e con criterios éticos, e celebra os avances nos tratamentos, isto é a nosa esperanza para minimizar a mortalidade e a morbilidade desta pandemia.
Unha denuncia ao goberno estatal e autonómico que non tomaron medidas para a segunda nin a terceira onda COVID, e a esixencia de responsabilidades pola falla de medidas de seguridade e saúde e a afectación mortífera que desencadeou no persoal de atención sanitaria e nos maiores da residencias, maioritariamente privadas e demanda de recursos extraordinarios para permitir a maior compensación posible a persoas traballadores e empresas para protexer o emprego.
Mentres o Sindicato cumpre, estivemos, estamos e estaremos, atendendo, coas sedes abertas, asesorando, apoiando e demandando a todos os niveis unha saída xusta, unha reconstrución para as persoas, construíndo en igualdade.
O traballo realizado por FeSP-UGT abriu en 2018 o camiño da recuperación progresiva de parte dos dereitos recortados ao persoal empregado público e aos servizos fundamentais do Estado. A nosa campaña AGORA Salarios, Emprego e dereitos deu os seus froitos co Acordo estatal de Emprego, o Acordo galego de concertación, o Acordo de Ensino público e de Xustiza, que supuxeron avances importantes, retributivos, de emprego e dereitos recuperados.
O sindicato acadou con carácter de básico e común para todas e todos os empregados públicos, a recuperación da paga de IT o 100%, das pagas extras, e incrementos salariais entre 2018 e 2020 do 7%, que descontando o IPC representa unha recuperación real de poder adquisitivo do 5,5%, sen ter en conta os incrementos salariais por outros acordos de retribucións complementarias como carreira profesional e outros específicos de carácter sectorial.
Valóranse os avances tanxibles e certos e mantense a reivindicación e mobilización, o noso modelo é un modelo de proposta e negociación dende un positivismo innovador, cun discurso no que teñan sentido as nosas decisións e se ofrezan respostas aos problemas e ás incertezas, un discurso que se debe acompañar coa ética do comportamento que impregna a nosa acción sindical, tanto nas propostas para expor como nos medios para conseguilos.
Ante a Xunta de Galicia e a nivel estatal, o Sindicato demanda un novo Acordo sindical para seguir recuperando dereitos, salarios e emprego, as negociacións comprometidas cos sindicatos asinantes do Acordo de emprego 2018-2020 para dar continuidade os mesmos cun novo Acordo están paralizadas.
No marco do Diálogo social confederal co goberno estatal e co goberno galego, o sindicato está comprometido e actúa en defensa do imprescindible o reforzamento das políticas e dos servizos públicos, no marco das medidas de recuperación económica e social postpandemia.
Ademais, temos que acadar que as leis estais e galegas en materia de simplificación administrativa e adaptación das administracións públicas, para a reactivación, non menoscaben e respecten dereitos laborais e o dereito a negociación colectiva das e dos empregados públicos.
En definitiva, “O Público, o noso compromiso”, traballo e compromiso para continuar recuperando dereitos, salarios e emprego, por unha reconstrución postpandemia xusta e que reforce os servizos públicos, con emprego de calidade e dereitos para todas e todos os empregados públicos de xestión pública ou privada.