O 12º Congreso de UGT-Galicia respalda co 80 por cento dos votos a xestión da Comisión Executiva
Fecha: 09 May 2016

O 12º Congreso de UGT-Galicia aprobou a xestión da Comisión Executiva cun respaldo do 80 por cento dos votos. Esta votación tivo lugar despois dun debate no que interviñeron os organismos que conforman o Sindicato, federacións e unións comarcais, así como, a propia Comisión Executiva, para avaliar o que foron estes últimos anos de mandato e, polo tanto, de xestión.
A partir de agora vanse constituír as comisións de traballo, estatutos, normativa interna e programa de acción e programa fundamental. Posteriormente, todos os delegados reuniranse de novo en plenario para a aprobación dos ditames destas comisións. De aquí sairán as liñas de traballo e pautas a seguir pola Organizacións nos vindeiros anos, tanto no eido organizativo como no relativo á acción sindical que haberá que desenvolver e alternativas a propoñer para derrogar as reformas lesivas impostas e repoñer os dereitos e liberdades que os cidadáns perderon nestes anos de crise como consecuencia das políticas de recortes impostas.
MAÑÁ TERÁ LUGAR O ACTO DE CLAUSURA
Xa mañá, día 7, a partir das 11.00 horas está previsto o acto de clausura do 12º Congreso de UGT-Galicia. Acto que se abrirá coa proclamación, por parte da Mesa, dos resultados da elección da nova Comisión Executiva de UGT-Galicia.
De seguido, terán lugar as intervencións dos invitados fraternais, invitados institucionais, o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, e o secretario xeral de UGT-Galicia.