A Consellería non informa ós sindicatos da Comisión central de saúde laboral nin á Mesa sectorial nin do persoal afectado, nin das medidas de protección a tomar en toda a crise nos centros do Sergas
Fecha: 16 Abr 2020
A Consellería durante a crise SARS-COV-2 non informa ós sindicatos da Comisión central de saúde laboral nin á Mesa sectorial nin do persoal afectado, nin das medidas de protección a tomar en toda a crise da pandemia nos centros do Sergas
O sindicato denuncia que a Consellería de Sanidade non cursou ningunha información da incidencia polo material de protección defectuoso da marca Garry Galaxy (17 de abril) ás organizacións sindicais representativas da Mesa sectorial, nin á Comisión central de saúde laboral
Santiago, 20 de abril de 2020.- FeSP-UGT pon de manifesto que a Consellería de Sanidade e o Sergas, a pesar dos requerimentos de información que UGT ven realizando, a tenor da situación actual de prestación de servizos en condicións extraordinarias de risco para as persoas traballadoras do SERGAS, non da información en Galicia, extremo este, que nos consta que non ocorre noutras comunidades autónomas onde se reúnen coa periodicidade precisa os órganos de representación do persoal (Mesa Sectorial…etc).
No que vai de mes non se convocou nin unha soa vez, a pesar da situación actual, aos sindicatos. Os datos fíltranse aos medios ou facilítanse nalgunha xerencia, pero sen coñecer os totais de Galicia
No que levamos de mes, nunha situación insólita de Alerta Sanitaria, non se convocou nin unha soa vez a Comisión central de saúde laboral nin a Mesa Sectorial, nin sequera para informar da afectación de persoal sanitario e non sanitario, nin das medidas para detectar ou previr dita afectación. Os datos fíltranse aos medios de comunicación, e facilítanse nalgunha xerencia, pero non permiten acreditar os totais de Galicia, nin por centro de traballo do Sergas.
Así, podemos afirmar que as organizacións sindicais representativas descoñecen os datos das persoas traballadoras con resultado positivo na proba de detección e illados, á espera de proba ou resultado, por categoría e centro de traballo, así como coñecer se se están aplicando correctamente os protocolos en casos de exposición ao SARS-COVID-2 en todas as categorías.
Descoñécese a situación do persoal mobilizado de atención primaria a atención especializada
Así mesmo, descoñécese a situación de persoal mobilizado desde a Atención Primaria a Atención Especializada, persoal que rota constantemente entre distintos servizos (incluso pasa de atender a pacientes diagnosticados de COVID-19 a pacientes con outras patoloxías) sen que se lles realicen probas para determinar que non son portadores da enfermidade.
FeSP-UGT reclama o cese do ocultismo e a vulneración dos dereitos de representación das organizacións sindicais e que se convoque a Comisión de Saúde Laboral e a Mesa sectorial
FeSP-UGT reclama que cese o ocultismo da Consellería de Sanidade e a vulneración dos dereitos de representación das organización sindicais e convoque de xeito urxente a Comisión de Saúde laboral e a Mesa sectorial, posto que neste servizo esencial o estado de alarma non determinou a suspensión dos dereitos laborais e de saúde laboral, e cualifica de lamentable a ausencia de canles de información e a falla de transparencia que se vive nun servizo que ten que coidar de todos e todas, e que o fai sen as medidas e a consideración que os profesionais sanitarios e non sanitarios se merecen, sempre, e agora máis se cabe.