Agora, educación Pública

Plataforma pola Escola Pública:

mobilización o 8 de maio

 

Fai xa máis dun ano que se creou no Congreso dos Deputados a Subcomisión de Educación para un Pacto Educativo co obxectivo de paliar unha nítida esixencia da comunidade educativa: A derrogación da LOMCE, unha lei aprobada polo PP en contra do resto de grupos parlamentarios.

A Plataforma Estatal pola Escola Pública reclamou desde o inicio que a comunidade educativa participase como un axente máis na negociación. Pero o ostracismo da Subcomisión, que non dá información pública das negociacións, e a pouca vontade dalgúns grupos parlamentarios, impedírono.

Desde esta Plataforma, sempre entendemos que a Subcomisión para o Pacto Educativo era unha cortina de fume para evitar que a comunidade educativa falase sobre as necesidades reais da escola pública e esixise aos diferentes grupos parlamentarios propostas contundentes para defendela.

Neste contexto, desde a Plataforma clamamos pola necesidade dun pacto social previo, necesario para dotar de calidade e permanencia un pacto político posterior. Así mesmo, puxemos sobre a mesa dos diferentes grupos parlamentarios (de momento reunímonos con PSOE e Unidos Podemos) as esixencias da comunidade educativa ao redor do financiamento, a gratuidade, a laicidade, a democratización, a participación e outros aspectos recolleitos no documento "A educación que queremos".

O recente abandono desta Subcomisión por parte de PSOE e Unidos Podemos e outros grupos parlamentarios devólvenos á casa de saída. É dicir, a un escenario no que as contrarreformas do PP e a LOMCE seguen vixentes, como tamén o están os recortes sufridos pola escola pública, que non foron revertidos.

Doutra banda, a cuestión de constitucionalidade presentada polo PSOE xa foi interpretada polo Tribunal Constitucional, avalando aspectos tan daniños para o noso alumnado como os itinerarios excluíntes da ESO, a segregación por sexo dalgunhas escolas concertadas, etc.

Mentres, a escola pública segue deteriorándose. Os e as estudantes seguirán sufrindo as consecuencias dos itinerarios selectivos, as aulas masificadas, as avaliacións externas, os centros educativos deteriorados, as faltas de resposta de atención á diversidade, o profesorado que cambia de centro cada ano, etc. As familias seguirán sen recibir axudas e aumentado os seus gastos para compensar os déficits de atención nas escolas, e o profesorado seguirá enfrontándose ás dificultades de dar clase en aulas con demasiado alumnado, cun número de horas lectivas excesivo, con diminucións de soldo cando requiren dunha baixa por enfermidade, situacións de interinidade que se alongan indefinidamente ao longo dos anos, etc.

E, como colofón ás políticas de recorte, atopámonos cun borrador de Orzamentos do Estado que volve reducir o investimento público en educación, que avanza na senda comprometida polo Goberno do PP de reducir o gasto educativo ao 3,7 % do PIB, un investimento similar ao rexistrado no ano 1992.

Por iso, as esixencias da comunidade educativa teñen que seguir virando sobre a reversión dos recortes, o aumento do orzamento educativo e a derrogación da LOMCE como sustento de base, e incorporar as demandas que as familias, dos e as estudantes e do profesorado. Xa non é o tempo de espera.

Por todo iso, desde a Plataforma Estatal pola Escola Pública chamamos á mobilización o 8 de maio como medida de loita fronte ao inmobilismo do PP que segue desatendendo a Educación e considerando que non é unha prioridade para o seu Goberno.

Esiximos:

  • Maior financiamento da Educación
  • Nova Lei educativa consensuada coa Comunidade educativa
  • Reversión dos recortes: Baixada de cocientes nas aulas, recuperación de programas de atención á diversidade, redución de horas lectivas para o profesorado e aumento do profesorado nos centros, supresión dos descontos por enfermidade, etc.,
  • Máis bolsas e axudas ao alumnado

 

Xa non hai escusas

AGORA EDUCACIÓN PÚBLICA!!​


Fuente: FeSP-UGT Galicia