Estacionalidade e precariedade marcan os datos do paro de abril

Fecha: 04 May 2017

Á vista dos datos facilitados hoxe polo SEPE relativos ao paro rexistrado en Galicia no mes de abril, e se se fai unha comparativa coas estatísticas da EPA do primeiro trimestre (que eran moi negativas), resulta evidente que a diminución do desemprego en abril está condicionada polo efecto Semana Santa, é dicir, trátase dun emprego estacional. Neste senso, UGT-Galicia reitera que os gobernos central e o da Xunta se están a equivocar na consolidación dun modelo de emprego estacional e precario.

As tendencias que se están configurando no mercado de traballo galego son preocupantes. Xiran ao redor de tres eixos. Por unha banda, precariedade, cunha proporción de contratos indefinidos sobre o total que non supera o 8,37 por cento.

Tamén se certifica, un mes máis, a extensión da precariedade no propio desemprego, que se reflicte cun descenso continuado dos beneficiarios de prestacións, das contías medias, do gasto e, en última instancia, da taxa de cobertura, que non supera o 51,8 por cento, deixando fóra dos sistema de protección a máis de 110.000 persoas en situación de desemprego. Así, o número de beneficiarios é de 100.006, rexistrándose unha nova caída anual, 13.691 beneficiarios menos que en marzo de 2016.

Por último, outro elemento que define o mercado laboral galego é que a recuperación do emprego estase baseando nun modelo produtivo xa coñecido, cun marcado carácter estacional que permite melloras en etapas vacacionais e que se sustenta en actividades de menor valor engadido. Así o evidencia o feito de que o 70 por cento da caída do desemprego no mes se de no sector servizos.

Afondando nos datos facilitados hoxe polo SEPE estes indican que o paro baixou en abril en Galicia, en relación a marzo, en 5.427 persoas (204.629 desempregados), o que supón unha baixada dun 2,58 por cento. Interanualmente, a baixada foi do 10,31 por cento.

En ambos casos, son cifras inferiores ás que se rexistraron no resto do Estado, cunha baixada mensual do 3,5 por cento e en relación ao ano anterior dun 10,92 por cento.

DEBILIDADE DA RECUPERACIÓN DO EMPREGO FEMININO. PERSISTE A BRECHA

Dende UGT-Galicia denúnciase que, un mes máis, os datos certifican a debilidade da recuperación do emprego feminino e que a brecha homes-mulleres persiste, o 55,6 por cento do total do paro é feminino. Se ben en abril o desemprego descende no caso dos homes nun 3,5 por cento, no caso das mulleres a baixada non supera o 1,9 por cento.

En canto aos máis mozos, entre os menores de 25 anos o paro cae nun 2,8 por cento e en termos interanuais baixa un 16,6 por cento. En abril continuaban rexistrados como desempregados 10.021 mozos en Galicia.

Por sectores, o paro baixa en todos, só medra no colectivo de sen emprego anterior, un 0,2 por cento. Baixa un 3,5 por cento no primario; un 3,5 por cento na construción, un 2,6 por cento na industria e un 2,7 por cento en servizos. O 70 por cento da caída do desemprego no mes dáse no sector servizos.

A afiliación á Seguridade Social en Galicia sitúase en 964.468 cotizantes, 5.335 máis que en marzo, incremento menos acusado que no conxunto do Estado, onde subiu un 1,18 por cento. No ano en Galicia o aumento de cotizantes foi dun 2,24 por cento.

A CONTRATACIÓN CAE

O número total de contratos caeron nun 4,22 por cento nesta Comunidade, un 18,9 por cento os indefinidos e un 2,61 por cento os temporais. A proporción de indefinidos sobre o total da contratación cae ao 8,37 por cento, unha porcentaxe que está en mínimos.

En canto ás coberturas, o Sindicato denuncia un mes máis a caída das mesmas. Rexístrase unha baixada anual de 13.691 beneficiarios. A taxa de cobertura é hoxe dun 51,8 por cento, deixando fóra do sistema a 110.000 persoas en situación de desemprego.

UGT-Galicia considera que as administracións, a central e o Goberno da Xunta, están a dirixir o mercado de traballo e a economía cara un sistema baseado en baixos custos laborais, con escasa incorporación de investimento en tecnoloxías e formación e no que prima o traballo precario, temporal e a tempo parcial, esixindo unha menor cualificación das persoas. Xunto a elo, un elevado volume de desemprego estrutural, de longa duración, sen dereito a prestacións e que limita a volta de moitas persoas ao mercado laboral.

Un modelo que, sen as políticas económicas e de emprego axeitadas, conduce cara un deterioro da calidade do emprego e da calidade de vida da poboación.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.









GALICIA

abr-17

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

204.629

-5.427

-2,6

-23.524

-10,3

* homes

90.807

-3.243

-3,4

-13.607

-13,03

* mulleres

113.822

-2.184

-1,9

-9.917

-8,01

Nº parados mozos < 26 anos

10.021

-289

-2,80

-1.991

-16,6

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

* agricultura

7.521

-272

-3,5

-998

-11,7

* industria

23.723

-626

-2,6

-3.505

-12,9

* construción

21.579

-774

-3,5

-5.296

-19,7

* servizos

134.720

-3.784

-2,7

-12.195

-8,3

* sen emprego anterior

17.086

29

0,2

-1.530

-8,2

Beneficiarios prestación por desemprego (marzo)

100.006

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (marzo)

51,82

Parados totais sen ningún tipo de prestación (marzo)

110.050

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

74.091

-3.262

-4,2

6.150

9,1

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.205

-1.441

-18,8

315

5,3

Nº contratos temporais

67.886

-1.821

-2,6

5.835

9,4

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados (datos provisionais)

964.468

5.335

0,6

21.112

2,24

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS



Fuente: UGT-Galicia