Consello Sindical Interrexional
Fecha: 10 Jul 2023
As organizacións sindicais que constitúen o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal (UGT-Galicia, UGT-Portugal, CCOO de Galicia e CGTP-IN) establecen nos Estatutos do CSIr aprobados en 2006 as normas e órganos de goberno que son: Asamblea Xeral e Comisión Executiva.
Asemade están constituídas comisións e grupos de traballo para materias concretas completando así o desenvolvemento deste órgano de participación e acción sindical no ámbito da Eurorrexión.
Os principais obxectivos do CSIr Galicia-Norte de Portugal son os seguintes:
O estudo e valoración dos problemas económicos, socias e laborais, comúns de Galicia e do Norte de Portugal
A coordinación de accións de defensa e promoción que os intereses sociais, políticas económicos, profesionais e culturais das persoas traballadoras.
A participación no desenvolvemento e execución de actividades e labores tendentes a incrementar o benestar social, económico e intelectual das persoas traballadoras no ámbito da Eurorrexión.
A promoción da cooperación interrexional transfronteiriza e a solidariedade das persoas traballadoras de ambas rexións.
A aplicación e execución dos plans bianuais de actividades e das resolucións emanadas do propio CSIr e da Confederación Europea de Sindicatos.
A Presidencia do Consello Sindical Interrexional ten carácter rotatorio sendo elexido cada dous anos como presidente o Sº Xeral de cada un dos sindicatos que o compoñen.
Documentación:
ESTATUTOS DO CONSELLO SINDICAL INTERREXIONAL GALICIA/NORTE DE PORTUGAL
GUÍA DO TRABALLADOR TRANSFRONTEIRIZO. VIVIR EN GALICIA E TRABALLAR EN PORTUGAL
ESTRATEXIA DE EMPREGO PARA A MOCIDADE NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL