Urxe unha Ley Integral dos Dereitos das Persoas Maiores

Pie de foto: 
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DE IDADE

Co gallo do Día Internacional das Persoas de Idade, que se celebra o 1 de outubro, as federacións de pensionistas e xubilados de CCOO e UGT piden que se inicie un debate profundo político e social para elaborar unha Lei Integral dos Dereitos da Persoas maiores que de cobertura os problemas que afectan ás persoas maiores e que permita o desenvolvemento dunha vida activa. Asimemo, reclamamos o incremento do gasto sanitario, o reforzo da atención á dependencia e revalorizar as pensións.

Os sindicatos salientan tamén o impacto da pandemia, que segundo os datos oficiais provocou a morte de polo menos 20.000 persoas maiores no Estado español. As federacións de pensionistas de CCOO e UGT piden situar o gasto sanitario xeral en, como mínimo, o 7,2 % do PIB. E, concretamente na atención primaria, elevar o seu peso ao 25 % do gasto sanitario total, para conseguir achegar á poboación os servizos sanitarios e dar máis capacidade resolutiva á atención primaria. Piden tamén medidas para protexer da COVID-19 as persoas maiores. Para isto hai que traballar considerando tres situacións diferentes na poboación maior: persoas maiores autónomas, persoas que requiren axuda a domicilio e persoas residentes en centros de maiores. O primeiro caso require illamento e prevención primaria, pero os outros dous casos precisan dunha aposta polo establecemento de criterios comúns estatais, amparando os dereitos de atención á dependencia e a saúde pública mediante o procedemento de cooperación interadministrativa que regule criterios claros de actuación, que deberán aplicar tanto as administracións competentes como as empresas do sector e os seus traballadores e traballadoras.

CCOO e UGT tamén consideran que o Sistema de Atención á Dependencia (SAAD) precisa máis capacidade de resposta ante a crise sanitaria. Desde 2012, o desenvolvemento do SAAD foise asentando sobre unha fraxilidade que quedou patente os últimos anos, inciden os sindicatos. Potenciar o sistema sobre o eixe crucial da calidade é clave para afrontar os meses que están por vir. Revalorización das pensións Aínda que a revalorización das pensións vén recollida no artigo 50 da Constitución, a única fórmula de revalorización automática que garantía por lei o mantemento do poder adquisitivo das pensións foi a nacida do Acordo de Pensións de 1996, que se concretou nunha nova fórmula de revalorización na Lei Xeral de Seguridade Social ligada entón á inflación. Estivo vixente ata a reforma unilateral imposta polo Goberno do PP en 2013. Se o Goberno non derroga a reforma de pensións do 2013, o 1 de xaneiro do 2021 volverase á fórmula do IRP (0,25 %), algo que os sindicatos rexeitan.

Título corto: 
Urxe unha Ley Integral dos Dereitos das Persoas Maiores