Un 31,2 % dos asalariados galegos cobran menos ou igual que o SMI

A situación é 6,2 puntos peor que no 2008



UGT-Galicia denuncia que o último dato de recadación de IRPF ofrecido hoxe pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias. Ano 2015) sinala que un 31,2 por cen das persoas asalariadas galegas cobraba menos ou igual do SMI, 6.2 puntos peor que en 2008. En total nesta situación atopábanse case 310.100 traballadores e traballadoras galegas.

A Comisión Executiva de UGT-Galicia incide na negatividade desta realidade e considera que é o momento de que os traballadores empecen a recuperar parte da perda acumulada durante a crise para dar así maior impulso ao consumo interno.

Ante esta conxuntura, UGT-Galicia insiste na aposta para o 2017 dunha suba salarial entre o 1,8 e o 3 por cento. Cos actuais salarios non se sae da crise porque non se reactiva a economía das familias. A maioría dos datos macroeconómicos non se trasladan ao conxunto da poboación, como evidencian as estatísticas feitas públicas hoxe.


ASALARIADOS POR TRAMO DE SALARIO (Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria).

cadro2.jpg