UGT organiza nas súas comarcas asembleas para analizar as negociacións dun novo AENC

​UGT-Galicia organizou ao longo desta semana en varias comarcas asembleas informativas nas que o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto coas respectivas secretarias xerais ou secretarios xerais das comarcas, informaron aos delegados de cada un dos territorios sobre como avanzan o sobre o contido das negociacións dun novo AENC.

Este IV Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva debería convertirse nun acordo importante e positivo para axudar a moitos traballadores. O seu obxectivo debería ser repartir a riqueza a través dos salarios, que os salarios gañen xa poder adquisitivo, sobre todo, os máis baixos.

Para UGT, o obxectivo é que o IV AENC se constitúa nun salto cuantitativo importante para recuperar parte do que se perdeu nos últimos anos.

Unha vez acadado un preacordo será sometido a votación das bases antes de ser ratificado

As negociacións continúan e, unha vez pechadas, antes de asinar o acordo será sometido á opinión das bases do Sindicato en todo o Estado.

Neste senso, en todas as asembleas, José Antonio Gómez fixo unha chamada ás bases á participación.

A consulta, que se realizaría on-line e tamén de xeito presencial, é pioneira e obedece ao que establecen os propios estatutos confederais.

O período de asembleas abriuse o martes, ca de Lugo; o mércores celebráronse a de Santiago e Ourense; xa o xoves tiveron lugar as de A Coruña e Ferrol; e o venres, pechou o ciclo a de Vigo.