UGT-Galicia saúda a ampliación orzamentaria do Acordo de Políticas Activas de Emprego para o mantemento do emprego ante fluctuacións económicas

Fecha: 28 May 2020

UGT-Galicia saúda a ampliación orzamentaria do Acordo de Políticas Activas de Emprego para o mantemento do emprego ante fluctuacións económicas

Esta ampliación, que o Sindicato xa viña demandando dende hai tempo e que se enmarca no Diálogo social, no actual momento que vivimos vai ser unha achega máis para dar resposta á profunda crise social, económica e laboral que está a xerar a COVID-19


 

Santiago, 28 de maio de 2020.- UGT-Galicia saúda a ampliación orzamentaria que comunicou hoxe nunha videoconferencia a Xunta aos axentes sociais, UGT-Galicia, CCOO e a CEG, dentro do marco do diálogo social do Acordo de políticas activas de emprego para o mantemento do emprego ante fluctuacións económicas.

UGT-Galicia xa levaba tempo insistindo nesta necesidade de incremento orzamentario, como xa viñan facendo outras comunidades autónomas, unha necesidade que faise agora na actual conxuntura de crise, orixinada pola pandemia da COVID-19, máis urxente para favorecer o mantemento do emprego ante as fluctuacións económicas.

A ampliación orzamentaria compensará as perdas de poder adquisitivo das persoas en ERE de suspensión ou redución de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción e tamén compensará ás persoas traballadoras con 55 ou máis anos afectadas por extinción de contratos por empresas en crise

Lembrar que o acordo sobre axudas para favorecer o mantemento do emprego ante fluctuacións económicas, asinado no 2019, ten dúas liñas, axudas para favorecer o mantemento do emprego ante fluctuacións da economía no caso dos ERE de suspensión de contrato ou redución de xornada e unha segunda liña de axudas ás persoas traballadoras con 55 ou máis anos afectadas por extincións de contratos por empresas en crise. Así, a previsión é duplicar a dotación orzamentaria, pasando de catro a oito millóns de euros.

Na primeira liña inclúense axudas dirixidas a compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas polos ERE de suspensión de contratos ou redución de xornada (por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción) e á compensación para empresas dos custos de formación do persoal durante esta situación.

Na segunda liña inclúense axudas a persoas traballadoras con 55 ou máis anos afectadas pola extinción dos seus contratos por empresas en crise. Neste caso, trátase de dúas liñas, axudas para financiar as cotas que cómpre ingresar polo convenio especial que teñan subscrito ou subscriban coa Seguridade Social.

As outras axudas son pagamentos únicos dirixidos a compensar ás persoas traballadoras pola diminución do importe da indemnización recoñecida cando esta é abonada polo FOGASA, xa que nestes supostos a indemnización está sometida aos límites establecidos no ET.

Lembrar que dentro do Acordo de diálogo social do ano 2019, no eido das políticas activas de emprego, tamén existían liñas de traballo para a posta en funcionamento dun plan para a recualificación profesional das persoas paradas de longa duración maiores de 45 anos co fin de facilitar a súa empregabilidade e tamén existe un acordo sobre o programa de axudas ás empresas para a contratación de remudistas.

Ambos acordos continúan operativos e, xunto co acordo sobre axudas para favorecer o mantemento do emprego ante fluctuación económicas, que hoxe sufriu unha ampliación orzamentaria de catro millóns de euros, constitúen un bloque de traballo no marco do diálogo social dentro do eido das políticas activas de emprego.

Todos os esforzos son poucos para non deixar a ninguén no camiño

UGT-Galicia considera que na actual conxuntura todos os esforzos son poucos para non deixar a ninguén no camiño. O Sindicato considera que, de novo, os traballadores e as súas familias non poden ser os pagáns desta crise, como si o foron na anterior crise económica do 2008.

Por todo, isto, UGT-Galicia vai traballar arreo en todos os contextos que sexa necesario, baixo a premisa de responsabilidades compartidas para dar resposta á profunda crise social, económica e laboral que xerou a COVID-19.


 

Fuente: UGT-Galicia