UGT-Galicia lamenta profundamente o falecemento de Nicolás Redondo

O Sindicato valora o seu compromiso constante cos traballadores e traballadoras de Galicia

 

UGT-Galicia lamenta profundamente o falecemento de Nicolás Redondo, secretario xeral do sindicato desde 1976 a 1994 e e que é unha figura imprescindible do sindicalismo en España durante a ditadura franquista, a transición e en democracia. O Sindicato desexa facer chegar as súas condolencias á súa familia máis próxima.

Nicolás Redondo foi un home comprometido, valente e coherente, estivo sempre á altura dos retos e tempos históricos que lle tocou vivir. Os uxetistas de Galicia sempre lembraremos a súa proximidade e o seu constante compromiso cos traballadores galegos.
O “compañeiro Nico” encarnou sen dúbida un dos papeis máis destacados na reinstauración das liberdades democráticas e, concretamente, a liberdade sindical no noso país. O seu labor decidido supuxo, non só a plena legalización dos sindicatos libres, senón o seu afianzamento e desarollo durante a súa etapa á fronte da UGT, unha etapa longa, díficil e conflitiva pero tamén fructifera.
Nicolás Redondo levou a cabo unha intensa loita polos dereitos das persoas traballadoras, a mellora do emprego e a igualdade na sociedade española. A súa figura é clave nas conquistas das liberdades sindicais e políticas, así como na consecución de dereitos laborais e sociais do noso país.
Na súa loita pola xustiza social, Redondo foi detido e procesado pola ditadura franquista en numerosas ocasións debido ás súas actividades políticas e sindicais. O 18 de abril de 1976 foi elixido secretario xeral UGT no XXX Congreso da organización. Deputado do PSOE por Biscaia en 1977, 1979, 1982 e 1986, en 1987 renunciou ao seu escano
A pesar das dificultades fixo que primase sempre o principio de autonomía sindical da UGT, en defensa dos dereitos dos traballadores e as traballadoras, con respecto a todos os partidos politicos sen excepción. A inesquecible xornada de Folga Xeral do 14 de decembro de 1988 foi a proba máis evidente diso, foi a consolidación deste principio na nosa organización que hoxe forma parte da vida cotiá do sindicato.
Hoxe, o conxunto dos e as uxetistas de Galicia, dámoslle nosa máis sincera gratitude polo seu traballo e inmensa dedicación ao sindicalismo e ás traballadoras e traballadores do conxunto do noso país. A súa memoria impúlsanos para ser continuadores da súa loita e legado.