UGT-Galicia insta aos pensionistas que traballaron a tempo parcial a que reclamen a aplicación retroactiva da sentenza do TC

UGT-Galiciapresentou hoxe en rolda de prensa a campaña “Pensionista reclama.É de xustiza. É o teu dereito” que ten como obxectivo que ospensionistas que no seu día traballaron a tempo parcial, e que vironreducida a súa pensión como consecuencia de que lles foi aplicadoun coeficiente redutor (coeficiente de parcialidade) á hora decalcular a contía da súa pensión, poidan reclamar, xa que oTribunal Constitucional, nunha sentenza do 3 de xullo de 2019, ven dedeclarar nulo este coeficiente. O problema é que a Seguridade Socialsó aplica dende o 12 de agosto de oficio esta sentenza ás novaspensións pero resulta discriminatorio que as anteriores queden nocamiño. Por iso, UGT-Galicia chama aos afectados a quese acheguen ás sedes do Sindicato en Galicia para informarse einiciar os trámites xurídicos oportunos e cobrar a partir de xa apensión sen o devandito coeficiente e os atrasos correspondentes.

Para UGT, a sentenza do TC quédase corta porqueten un efecto limitador no tempo das súas consecuenciasretroactivas, o que contradí a xurisprudencia comunitaria nestesenso. Lembrar que a propia sentenza do TC segue o criterio marcadonoutra sentenza do Tribunal de Xustiza da UE do 8 de maio de 2019 quedeclarou o coeficiente de parcialidade discriminatorio por sercontrario ao artigo 4.1 da Directiva 79/7/CEE, do 19 de decembro. Poriso, UGT aposta por aplicar unha retroactividade de alomenos catroanos porque a doutrina do Tribunal de Xustiza da UE estable que nonse poden limitar temporalmente os dereitos dos afectados por estadiscriminación. Esta doutrina prevalece sobre o que digan ostribunais nacionais, incluído o TC español.

Dende UGT aclárase que o alcance real da sentenzachega aos pensionistas cando a súa parcialidade da xornada laboralsexa inferior ao 67% da de tempo completo ou que carezan decomplementos a mínimos porque ao recalcular a pensión quedaríaabsorbido o efecto da propia sentenza.

Segundo as estimacións do Sindicato, xa que aSeguridade Social non facilita datos concretos ao respecto, e en basea datos da EPA, en Galicia poderían verse beneficiados da aplicaciónda demandada retroactividade uns 6.000 pensionistas (120.000 en todoo Estado). Así, Galicia, xunto co País Vasco, sería a cuartacomunidade con máis beneficiarios. Só estarían por enribacomunidades con moita máis poboación, como Andalucía, Cataluña,Comunidade Valenciada ou Madrid.

Para o Sindicato, outra das grandes eivas dasentenza é que só considera inconstitucional a forma de calcular operíodo cotizado pero non se pronuncia sobre a base reguladora daspensións de xubilación das persoas a tempo parcial, que orixinatamén a redución da contía destas pensións.

13,6% dos traballadores galegos teñen uncontrato a tempo parcial e, destes, o 52,8% o teñen de xeitoinvoluntario. Do total, o 74,3% corresponde a mulleres. Aparcialidade ten rostro de muller

A nulidade reside nun principio de discriminación,debido a que son as mulleres as que na súa maioría traballan atempo parcial, o 74,3% do total en Galicia. Polo tanto, a razón dainconstitucionalidade vincúlase a unha discriminación indirecta porrazón de sexo. O que se está cuestionando, ou alomenos, o que sedebería cuestionar é unha brecha de xénero nas pensións quederiva dunha brecha do propio mercado laboral e mesmamente dunmercado laboral precarizado, sobre todo, dende a imposición dareforma laboral de 2012. Non se pode esquecer que o 13,6% datotalidade dos traballadores galegos teñen un contrato a tempoparcial e que, destes, o 52,8% afirman ter esta modalidade decontratación por non atopar un a tempo completo.

Por iso, UGT entende que, ademais dos casosconcretos dos afectados aos que non se lles recoñece o dereito porter operativa a pensión antes do 12 de agosto, hai que defender xaunha reforma en profundidade para mellorar a protección social nestepaís. Trátase de dar resposta a estas formas de atipicidade noemprego, máis ben de precariedade laboral, e desde un enfoque dexénero.

Xa que a sentenza non vai resolver totalmente osproblemas reais que teñen os traballadores a tempo parcial, enmateria de pensións: contías baixas, limitacións no complemento amínimos, acceso tardío á xubilación anticipada e á ordinaria, amaioría terán que facelo aos 67 anos.

O novo Goberno ten que asumir esta obrigaimpulsando novas normas legais, consensuadas no marco do diálogosocial.

NOTA: A VOCEIRA DESTE TEMA É A SECRETARIA DEPOLÍTICAS SOCIAIS DE UGT-GALICIA, MARÍA ISABEL GONZÁLEZ JARDÓN.TELÉFONO: 629856620.