UGT-Galicia insiste na necesidade de apuntalar unha recuperación con emprego de calidade, de cada cen contratos, os fixos non chegan nin a 7

Toca derrogar as reformas laborais, apostar por políticas que incentiven a calidade do emprego, mellorar as rendas, subir o SMI e mellorar o escudo social

UGT-Galicia insiste na necesidade de apuntalar unha recuperación con emprego de calidade, de cada cen contratos, os fixos non chegan nin a 7

Sobre a igualdade e a xustiza social debe pivotar a recuperación. Hai que lembrar que nesta crise son as mulleres as máis prexudicadas, acaparan case o 60% do desemprego e o 56% dos ERTE

Santiago, 3 de agosto de 2021.- As cifras de desemprego feitas públicas hoxe reflicten unha mellora deste, polo menos en termos de cantidade, non tanto de calidade do mesmo, motivada esta situación, de seguro, por un claro compoñente estacional, a raíz das contratacións propias da época estival, e polos avances en termos de desescalada e vacinación. Non obstante, UGT-Galicia insiste en advertir que non se pode pretender apuntalar a recuperación con emprego precario, sen dereitos e de baixa calidade. Como así o demostran as cifras. Do total da contratación rexistrada non chega nin ó 7% a de carácter indefinido. Outra das bases sobre a que debe avanzar a “desescalada” do mercado laboral é que esta debe facerse en termos de igualdade e xustiza social. Algo que as cifras tamén rebaten. Son as mulleres as que concentran case o 60% do total do desemprego e as grandes prexudicadas desta crise, acaparando o 56% dos ERTE.

Neste contexto, urxe a derrogación xa das reformas laborais; apostar por políticas que incentiven a calidade do emprego, porque non se pode asentar unha recuperación cunhas bases sólidas nun mercado de traballo volátil, precario e parcial.

Ademais, hai que apostar por mellorar as rendas dos traballadores e traballadoras, especialmente os que menos gañan. Neste senso, UGT-Galicia considera que a suba do SMI este ano resulta imprescindible para relanzar o emprego, mellorar a súa calidade e impulsar o crecemento económico.

Tamén é preciso mellorar o escudo social, empezando pola protección por desemprego, e continuando polo mantemento dos ERTE mentres sexan necesarios. É necesaria unha reforma en profundidade das políticas activas para reducir, dunha vez por todas, a elevada porcentaxe de persoas paradas de longa e moi longa duración.

Os fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia deben servir para reforzar este proceso, corrixindo os desequilibrios estruturais que padece a economía española e asegurando que a transición ecolóxica e dixital guíese por parámetros de xustiza social. Desde UGT estaremos vixiantes para asegurar un bo uso dos mesmos e dar paso a un modelo económico e laboral máis xusto.

Por último, todos estes cambios deben vir acompañados dunha reforma fiscal ambiciosa, guiada por criterios de progresividade e equidade. Este elemento é esencial para asegurar a suficiencia do sistema e afrontar con garantías os grandes retos que temos por diante.

Baixando ó terreo das estatísticas, estas reflicten que a evolución das cifras de desemprego, con respecto ó mes anterior, están influenciadas polo avance da saída da pandemia e pola época estival. En Galicia no mes dáse unha caída do 3,7%, menos acusada que no resto do Estado, onde esta foi do 5,5%. No ano, a baixada foi do 13,33% nesta Comunidade, fronte ó 9,5% do Estado.

 

 

Galicia

Estado

2021 / Xullo

151.934

3.416.498

Variación absoluta mes anterior

-5.784

-197.841

Variación relativa

-3,67

-5,47

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-23.377

-356.536

Variación relativa

-13,33

-9,45


 

Así, sitúase o número total de desempregados en Galicia no mes de xullo de 2021 en 151.934, caendo en 5.784. E no ano a caída foi de 23.377, aínda que hai que ter en conta que os contextos pandémicos en relación a hai un ano son ben diferentes. Se ben é certo que se volta a variacións interanuais de contracción, trala inflexión inicial pola crise sanitaria no 2020.

Ano

Xullo

Var. Mensual 

Var. Interanual

2007

139.998

-2,2

-5,5

2008

149.318

-2,2

6,7

2009

192.859

-3,7

29,2

2010

209.789

-4,6

8,8

2011

223.000

-4,5

6,3

2012

260.198

-3,3

16,7

2013

261.102

-4,5

0,3

2014

240.279

-4,8

-8,0

2015

216.371

-5,5

-10,0

2016

195.457

-5,7

-9,7

2017

181.871

-4,1

-7,0

2018

163.412

-3,9

-10,1

2019

150.921

-2,8

-7,6

2020

175.311

-5,1

16,2

2021

151.934

-3,7

-13,3


 

En canto ós máis mozos, os menores de 25 anos, o paro baixa nun 10,1%, por enriba do resto de idades, e no ano nun 37,5%. Unha evolución tamén moito máis acusada pero lóxica na temporada estival marcada pola contratación de mozos e mozas para cubrir empregos eventuais propios do verán.

Por sexos, o desemprego cae no mes nun 4,83% no caso dos homes, fronte a unha menor baixada das mulleres, dun 2,83%. No ano a tendencia é a mesma, baixa nun 16,14% entre os homes e un 11,25% entre as mulleres. As mulleres seguen a representar nada menos que o 58,7% do total do desemprego en Galicia, hai 89.226 mulleres en paro, fronte a 62.708 homes.

Xullo 2021

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

5.367

62.708

89.226

Variación absoluta mes anterior

-603

-3.182

-2.602

Variación relativa

-10,10

-4,83

-2,83

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-3.215

-12.069

-11.308

Variación relativa

-37,46

-16,14

-11,25

No mes a contracción dáse en todos os sectores de actividade. Destacada en termos absolutos o sector servizos cunha baixada de 3.847, pola temporada estival, que en termos relativos tradúcese nun -3.5%.

No ano, todos os sectores aparecen beneficiados, loxicamente, o contexto base foi de mínimos, -19,89% na construción, -20,1% no colectivo de sen emprego anterior, -12,33% nos servizos, -14,8% no primario e no que menos na industria, -9,4%.


 

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2021/Xullo

151.934

5.153

17.543

11.105

106.404

11.729

Variación absoluta mes anterior

-5.784

-438

-733

-442

-3.847

-324

Variación relativa

-3,67

-7,83

-4,01

-3,83

-3,49

-2,69

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-23.377

-892

-1.814

-2.757

-14.968

-2.946

Variación relativa

-13,33

-14,76

-9,37

-19,89

-12,33

-20,07

 

En termos provinciais, todos os territorios teñen a mesma evolución, caída no mes e forte contracción no ano. En todas as provincias cae. Un 5,5% en Lugo, un 4,8% en Ourense, 4.1 en A Coruña e 2.4% na de Pontevedra. No ano, a caída máis contundente é en Lugo, 15,6%, na Coruña 15% de caída, en Pontevedra o 11,6% e o 11,5% en Ourense.

 

 

Xullo/2021

Var. Absoluta mes

Var. % mes

Var. Absoluta ano

Var. % ano

A Coruña

60.830

-2.602

-4,1

-10.704

-15,0

Lugo

14.537

-845

-5,5

-2.681

-15,6

Ourense

17.325

-875

-4,8

-2.241

-11,5

Pontevedra

59.242

-1.462

-2,4

-7.751

-11,6

En termos de contratación, en xullo realizáronse 101.172 contratos. O que significa un aumento do 17,1% con respecto ao ano anterior. Aínda que o maior aumento dáse nos temporais, do 17,8%, fronte ó 8,1% nos indefinidos.

Unha recuperación da contratación con días contados, moi inestable

A escasa contratación indefinida é a constante, tan só o 6,92 de cada cen contratos son indefinidos. Unha recuperación da contratación con días contados, moi inestable. Como se comproba, a contratación temporal é á carta, así vese que o groso dos movementos en contratación danse na contratación temporal.

 

Total contratos

Total Temporais

Total indefinidos

Xullo/ 2021

101.172

94.168

7.004

Variación absoluta mes anterior

15.208

15.610

-402

Variación relativa

17,69

19,87

-5,43

Variación absoluta mismo mes del año anterior

14.765

14.242

523

Variación relativa

17,09

17,82

8,07


 

Medra o peso das prestacións non contributivas, o que supón menores rendas

A taxa de cobertura en xuño 2021 por desemprego (último dato dispoñible) sitúase no 62.1% (58.1% no Estado). As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego son 90.476. Destas, hai unha contracción no número de persoas beneficiarias de prestación contributiva. Son 40.073, o 44.3% (no mes anterior era maior o peso das contributiva, o 45.2%). Isto indica que medra o peso dos desempregados e desempregadas sen prestacións contributivas, as persoas en desemprego están con menores rendas.

En canto á evolución nas cifras de afiliación á Seguridade Social (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 1.036.273. Medra no mes, no 1.42%, crecemento máis acusado que no Estado, 0.47%. No Estado a cifra de afiliacións/cotizacións é de 19.591.728. No ano hai boas porcentaxes de aumento da afiliación, en Galicia do 3,04% e no Estado de 4,3%.

2021/Xullo

Galicia

Estado

1.036.273

19.591.728

Variación absoluta mes anterior

14.552

91.451

Variación relativa

1,42

0,47

Variación absoluta mismo mes del año anterior

30.605

806.174

Variación relativa

3,04

4,29


 

13.011 persoas en ERTE en Galicia, o 56,1% mulleres. A pandemia no eido laboral afecta máis ás mulleres

No relativo ós ERTE, no Estado remata xullo con 331.486 persoas en ERTE (339.034 de media no mes), en Galicia remata o mes en 13.011 (de media no mes 13.488).

Por sexos, utilizando os datos do último día do mes, xa que non se ofrecen datos de media mensual por sexos: homes 5.714 e mulleres 7.297, o 56.1% son mulleres. Isto evidencia que a pandemia, polo menos no eido laboral, afecta máis negativamente ás mulleres que ós homes.


 

GALICIA

Xullo 2021

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

151.934

-5.784

-3,67

-23.377

-13,3

* homes

62.708

-3.182

-4,83

-12.069

-16,1

* mulleres

89.226

-2.602

-2,83

-11.308

-11,2

* mozos e mozas < 25 anos

5.367

-603

-10,1

-3.215

-37,5

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.153

-438

-7,8

-892

-14,8

* industria

17.543

-733

-4,0

-1.814

-9,4

* construción

11.105

-442

-3,8

-2.757

-19,9

* servizos

106.404

-3.847

-3,5

-14.968

-12,3

* sen emprego anterior

11.729

-324

-2,7

-2.946

-20,1

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (xuño)

90.476

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (xuño)

62,11

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

60.830

-2.602,0

-4,1

-10.704,0

-15,0

Lugo

14.537

-845,0

-5,5

-2.681,0

-15,6

Ourense

17.325

-875,0

-4,8

-2.241,0

-11,5

Pontevedra

59.242

-1.462,0

-2,4

-7.751,0

-11,6

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

101.172

15.208

17,7

14.765

17,1

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

7.004

-402

-5,4

523

8,1

* temporais

94.168

15.610

19,9

14.242

17,8

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.036.273

14.552

1,4

30.605

3,0

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones