UGT-Galicia considera que o sector do aluminio ten que ser declarado como estratéxico

Fecha: 01 Jul 2020

Alcoa_200701

José Antonio Gómez reiteralle  á Xunta que ten que ter “sentidiño” para sacar adiante a política industrial de Galicia e salvar Alcoa

 

Santiago, 1 de xullo de 2020.- Centos de  traballadores de Alcoa chegados da Mariña protestaron este mércores diante da sede da Xunta, en Santiago de Compostela, para reclamar unha "intervención" fronte ao despedimento colectivo que prevé levar a cabo a empresa en San Cibrao.

O persoal de Alcoa corearon consignas como ' Enerxía, solución'; 'Onde está o estatuto?' e ' As cubas  non se paran'. Todo iso, mentres se lanzaron petardos e acendéronse bengalas.

Nin a Xunta nin o Goberno central están á altura das cirxuntancias

O secretario Xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez cualificou como incomprensible que Alcoa fixera a proposta de despedimento colectivo en plena pandemia sanitaria. Unha proposta que, por outra banda, debería aclarar porque non se sabe se pretende o peche da factoría, a deslocalización... debería aclarar o seu obxectivo e nin a Xunta nin o Goberno central están a altura das circunstancias.

Gómez considera que as administracións están para algo máis que solidarizarse cos traballadores e chámalle a atención que ningunha, nin a Xunta nin o Goberno central, teñan levantado a voz para denunciar a mala fe coa que está actuando Alcoa neste proceso, aínda que contan con recursos legais dabondo para iniciar calquera tipo de procedemento necesario nesta liña.

UGT considera que a Xunta ten que involucrarse na busca de solucións, non serve só con poñer deberes ó Executivo en Madrid. O cadro de persoal protesta diante da Xunta polo que supón Alcoa para a comarca da Mariña e para Galicia, por iso non chega con poñer deberes ó Goberno central, o gobernó autónomo ten que involucrarse na busca de solucións.

Pola súa banda, o Goberno central debería dar tamén unha resposta e poñerse a traballar xa en sacar adiante o estatuto electrointensivo tan demandado e traballar baixo a perspectiva de que o aluminio primario é un sector estratéxico, tanto para Galicia como para España.

UGT-Galicia cre que Alcoa, se se vai, o debería facer coas mans baleiras porque o Estado debería adiantarse e declarar o aluminio primario un sector estratéxico, o que permitiría manter a produción da fábrica da Mariña, ademáis de dar resposta a una necesidade de manter sectores estratéxicos en situación de crise.

Son necesarios gobernos valentes e se hai que declarar sectores estratéxicos ou intervir sectores, pois haberá que facelo. Neste senso, Gómez reclamoulle á Xunta mensaxes nesta liña que aínda non se escoitaron.

Xornada de folga

Este mércores celébrase unha xornada de folga nas fábricas de aluminio e  alúmina, nun día no que o comité de empresa reunirase co conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Fuente: UGT-Galicia