UGT-Galicia alerta que unha campaña de Nadal baseada na precariedade non contribuirá á recuperación

Fecha: 02 Dic 2020

Se non se controla a pandemia non haberá recuperación

UGT-Galicia alerta que unha campaña de Nadal baseada na precariedade non contribuirá á recuperación

Resulta imprescindible manter os ERTE o tempo necesario para soster a demanda interna

 

Santiago, 2 de decembro de 2020.- Á vista dos datos de desemprego feitos públicos hoxe resulta evidente que o binomio sanidade e economía, agora máis que nunca, van da man, e como se ten comprobado con cada unha das ondas de contaxio, o bo funcionamento da economía só se da cando hai seguridade e garantías de saúde.

Cos ollos postos no Nadal, un período importantísimo social e economicamente, é necesario preservar a saúde co máximo posible de medidas dispoñibles, para evitar un deterioro maior da economía e do emprego.

Ademais, cuns Orzamentos tanto en Galicia como no Estado ás portas, e aínda moita incerteza sobre a marcha da economía, é urxente que as políticas que predominen no ano 2021 sexan expansivas, manteñan e aumenten o necesario escudo social iniciado no confinamento e que as boas condicións laborais se convertan nunha característica propia do mercado laboral galego.

As políticas activas de emprego e os servizos públicos de emprego xogarán un papel protagonista neste senso, polo que hai que impulsar a súa maior dotación de recursos tanto a nivel estatal como de Galicia.

Baixando á análise concreta dos datos, a magnitude dos efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19 no emprego e na economía son evidentes. En Galicia, no mes de novembro, o número de persoas desempregadas, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo e Economía Social, ascende a 187.472, subindo en 6.165, o 3,4%, en relación ao mes anterior. Un incremento moito máis acusado que no resto do Estado onde a suba limítase ao 0,66%. Polo tanto, Galicia rexistra un comportamento aínda peor e unha afectación maior sobre o emprego da crise sanitaria que se está a vivir.

En termos interanuais o paro aumenta en Galicia en 21.813 persoas, o 13,17%, mentres que no resto o Estado este incremento é do 20,42%.

Así, as cifras falan por si mesmas da crise que está a envolver tanto a Galicia como ó resto do Estado, 187.472 persoas desempregadas nesta Comunidade e un total de 3.851.312 no Estado.

De feito, para observar cifras semellantes de incremento do desemprego en termos interanuais nesta Comunidade hai que remontarse ós anos da última crise económica.


 

Ano

Novembro

VAR. Mensual 

Var. Interanual

2007

152.728

4,3

-3,8

2008

180.820

7,4

18,4

2009

216.828

3,8

19,9

2010

231.721

3,5

6,9

2011

253.416

4,7

9,4

2012

276.536

3,3

9,1

2013

270.854

1,0

-2,1

2014

248.632

1,9

-8,2

2015

225.158

1,4

-9,4

2016

203.554

2,3

-9,6

2017

187.175

0,7

-8,0

2018

170.369

0,4

-9,0

2019

165.659

0,8

-2,8

2020

187.472

3,4

13,2


 

 

 

Galicia

Estado

2020/Novembro

187.472

3.851.312

Variación absoluta mes anterior

6.165

25.269

Variación relativa

3,40

0,66

Variación absoluta mismo mes del año anterior

21.813

653.128

Variación relativa

13,17

20,42


 

Por idades, de novo, son os mozos e mozas galegos os máis prexudicados. Son 10.548 os menores de 25 anos que están en Galicia en situación de desemprego, incrementando o paro no mes nun 6,5%, dun xeito máis acusado que no resto de idades. E no ano esta cifra sube ata un 25,63%, duplicando o crecemento do conxunto de idades.

Por sexos, segundo os últimos datos publicados, o incremento do paro entre os homes foi no mes dun 4,31% e dun 2,73% no caso das mulleres. En relación ás cifras de hai un ano, o desemprego aumenta nun 14,75% entre os homes e nun 12% no caso das mulleres. Non obstante, en termos estruturais, as mulleres seguen a representar o 57,1% do total do desemprego en Galicia, 107.108 mulleres nesta situación, fronte a 80.364 homes.


 

 

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

2020/Novembro

10.548

80.364

107.108

Variación absoluta mes anterior

640

3.323

2.842

Variación relativa

6,46

4,31

2,73

Variación absoluta mismo mes del año anterior

2.152

10.333

11.480

Variación relativa

25,63

14,75

12,00


 

O incremento do paro dáse en todos os sectores. En termos relativos, dun xeito máis acusado, no primario, con 382 desempregados máis. Pero, pola súa maior dimensión en termos de emprego, destaca o que acontece no sector servizos, onde o aumento do desemprego afecta a 4.609 persoas, un 3,66% máis.

No ano, todos os sectores aparecen prexudicados, destacando o colectivo de sen emprego anterior, onde aumenta nun 17,71%, e no primario, un 16,38%. En termos absolutos, a maior incidencia de aumento dáse no sector servizos, con 15.974 persoas desempregadas máis, 13,95% no ano.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2020/Novembro

187.472

7.054

19.687

13.733

130.498

16.500

Variación absoluta mes anterior

6.165

382

639

276

4.609

259

Variación relativa

3,40

5,73

3,35

2,05

3,66

1,59

Variación absoluta mismo mes del año anterior

21.813

993

1.702

662

15.974

2.482

Variación relativa

13,17

16,38

9,46

5,06

13,95

17,71


 

No mes o paro medra en todas as provincias. Nas que máis, en termos relativos, en Lugo e Pontevedra. No ano, tamén aumenta en todas, nas que máis nun 16,3% na Coruña e un 14,4% en Lugo. Considerablemente tamén en Ourense, un 13,6%, e un 9,6% en Pontevedra.

 

Novembro /2020

Var. Absoluta mes

Var. % mes

Var. Absoluta ano

Var. % ano

A Coruña

76.063

2.348

3,2

10.637

16,3

Lugo

18.786

727

4,0

2.364

14,4

Ourense

21.064

596

2,9

2.527

13,6

Pontevedra

71.559

2.494

3,6

6.285

9,6


 

Unha quinta parte menos de contratación que hai un ano

Cos datos de novembro compróbase que tan só se realizaron 61.311 contratos, contraéndose con contundencia con respecto ao mesmo mes anterior, 16.13% menos, e lonxe dos niveis de contratación do mes de novembro de 2019, unha quinta parte menos de contratación.

Forte caída tanto na contratación indefinida como da temporal, pero esta última ao ser estruturalmente a máis rexistrada, inflúe determinantemente na caída da contratación.

Aínda así, as porcentaxes de contratación indefinida son mínimas, o 8,44% (similar á porcentaxe de novembro de 2019, o 8.65%).


 

 

Total contratos

2020/Novembro

61.311

Variación absoluta mes anterior

-11.789

Variación relativa

-16,13

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-14.911

Variación relativa

-19,56


 

A taxa de cobertura en outubro (último dato dispoñible) sitúase no 69,1% (71,4% no Estado). As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego son 114.138. Destas, hai un considerable número de persoas beneficiarias de prestación contributiva. Isto indica que hai unha considerable perda de empregos que estaban cotizando, e cotizando por desemprego, non constan aqueles que non tiveran cotización por desemprego.


 

Outubro 2020

Prestación contributiva

subsidio

renda activa de inserción

Totais

GALICIA

63.348

44.348

6.442

114.138

 


 

A afiliación á Seguridade Social (media mensual) sitúase en Galicia no mes en 1.009.884. Perda no mes e no ano, do -0,21% e -1,34%, respectivamente.

No Estado a afiliación (media mensual) é de 19.022.001,57 pero medra no mes, o 0,17%, polo contrario tamén no ano amósase a forte caída das afiliacións/cotizacións, o 1,83% menos (355.000 menos).

 

Galicia

Estado

2020/Novembro

1.009.883,90

19.022.002

Variación absoluta mes anterior

-2.134

31.638

Variación relativa

-0,21

0,17

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-13.706

-354.877

Variación relativa

-1,34

-1,83


 

En canto ós ERTE, en Galicia hai no mes de novembro de 2020 (media mensual) 52.737 traballadores e traballadoras en ERTE, deles, 25.831, corresponden á modalidade do RDL30/2020.

Neste senso, UGT-Galicia insiste en que os ERTE deben manterse todo o tempo necesario para que as persoas non perdan a súa capacidade adquisitiva, sostendo a demanda interna, e para que o tecido empresarial teña tempo de recuperarse, evitando así un crecemento da desigualdade que sería devastador.


 

GALICIA

Novembro 2020

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

187.472

6.165

3,40

21.813

13,2

* homes

80.364

3.323

4,31

10.333

14,8

* mulleres

107.108

2.842

2,73

11.480

12,0

* mozos e mozas < 25 anos

10.548

640

6,5

2.152

25,6

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

7.054

382

5,7

993

16,4

* industria

19.687

639

3,4

1.702

9,5

* construción

13.733

276

2,1

662

5,1

* servizos

130.498

4.609

3,7

15.974

13,9

* sen emprego anterior

16.500

259

1,6

2.482

17,7

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (outubro)

114.138

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (outubro)

69,15

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

76.063

2.348,0

3,2

10.637,0

16,3

Lugo

18.786

727,0

4,0

2.364,0

14,4

Ourense

21.064

596,0

2,9

2.527,0

13,6

Pontevedra

71.559

2.494,0

3,6

6.285,0

9,6

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

61.311

-11.789

-16,1

-14.911

-19,6

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

5.172

-1.535

-22,9

-1.425

-21,6

* temporais

56.139

-10.254

-15,4

-13.486

-19,4

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.009.883,90

-2.134

-0,2

-13.706

-1,3

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 

Fuente: UGT-Galicia