UGT esíxelles ao Ministerio e á Consellería que eviten os recortes de persoal nos hospitais privados galegos

Fecha: 23 Mar 2020

FeSP-UGT esíxelles ao Ministerio de Sanidade e á Consellería de Sanidade que adopten as medidas necesarias para evitar que se produzan recortes de persoal nos hospitais privados en Galicia


 

Santiago, 24 de marzo de 2020.- Mentres en Galicia aumenta considerablemente o persoal do sector de sanidade infectado polo COVID-19, corporacións como HM, que conta con 4 hospitais na nosa Comunidade Autónoma, pretende, baseándose nunha interpretación torticera das medidas establecidas polo Goberno, “limitar o número de desprazamentos ou o confinamento”, recortar persoal nos hospitais de Galicia.

UGT REXEITA QUE SE ANTEPOÑAN INTERESES ECONÓMICOS ÓS INTERESES DE SAÚDE DOS CIDADÁNS EN PLENA ALERTA SANITARIA

A corporación HM pide ás súas traballadoras e traballadores que soliciten vacacións, reducións de xornada, permisos sen salario, períodos de excedencia temporal ou distribución irregular da xornada coa única finalidade de reducir gastos de persoal ante a caída da demanda de determinados procesos.

UGT SOLICITA Á SANIDADE PRIVADA, QUE É COMPLEMENTARIA Á SANIDADE PÚBLICA, QUE EN MOMENTOS DE CRISE SANITARIA DEIXE DE PENSAR EN BENEFICIOS ECONÓMICOS E PÓÑASE AO DISPOR DA CIDADANÍA

Neste momento, en que se constata un aumento exponencial do número de afectados e afectadas polo COVID-19 en Galicia, entre a poboación e persoal do sector de sanidade, UGT lamenta que non exista a coordinación necesaria entre o Ministerio de Sanidade e a Consellería Sanidade para xestionar dunha maneira efectiva todos os recursos sanitarios de Galicia.


 

Fuente: FeSP-UGT