UGT e CCOO mobilízanse novamente para pedir ao Goberno que eleve o SMI e derrogue as reformas laborais

Nun momento en que se albisca a saída da crise, o Goberno segue mantendo posicións que impiden avances en ámbitos imprescindibles para a igualdade social e a distribución da riqueza, amparándose en inexistentes condicionamentos europeos ou en bloqueos da patronal.

Por iso, UGT e CCOO continuarán coas mobilizacións baixo o lema “Agora Si Toca”, ata que o Goberno publique os seus compromisos no BOE. Nesta ocasión, as concentracións de delegadas e delegadas celebraranse o mércores 14 de xullo,.

Conseguiuse alcanzar un acordo en materia de pensións pero os sindicatos de clase non podemos permitir que a saída da crise efectúese, novamente, á conta das traballadoras e traballadores. Por iso, o 14 de xullo CCOO e UGT volveremos mobilizarnos para esixir ao Goberno que cumpra cos compromisos adquiridos coas organizacións sindicais e co conxunto da sociedade, mellorando o SMI e derrogando a reforma laboral.

MANIFESTO

CARTEL MOBILIZACIÓN A CORUÑA