UGT demanda ante as sedes dos empresarios subidas salariais para evitar a perda de poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras

Fecha: 04 Jul 2022

UGT demanda ante as sedes dos empresarios subidas salariais para evitar a perda de poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras

Miles de traballadores e traballadoras mobilizáronse este mércores fronte ás sedes patronais de todo o Estado para demandar aos empresarios subidas salariais que evitten a perda de poder asquitivo dos traballadores e traballadora sdeste país, fronte a unha inflación que parece non ter freo. Concretamente, en Galicia UGT, xunto con CCOO, convocaron sendas concentracións fronte ás sedes empresariais de Vigo e A Coruña.


Dende UGT-Galicia denúnciase  que as empresas seguen repercutindo a suba do IPC aos prezos dos seus produtos ao tempo que se negan a subir os soldos. Cargando todo o peso da inflación na cidadanía e aproveitando a alza para elevar tamén a marxe de beneficio.


A inflación avanzada do mes de xuño déixanos unha suba do 1,8 %, e coloca a alza dos prezos nun 10,2 % interanual e a inflación subxacente nun 5,5 %. Ante esta situación, UGT defende a mobilización para conseguir que os convenios garantan o poder adquisitivo dos salarios, tanto con subas como con cláusula de revisión se o IPC real supera as previsións.


Se non hai avances en materia salarial e o empresariado persiste na súa “cerrazón e avaricia”, os sindicatos advírtenlles ás patronais que “haberá conflito” nas empresas e nos distintos sectores da economía.


Doutra banda, desde UGT esixen medidas para conter os prezos, de forma especial os dos produtos de consumo básicos, e abordar políticas centrais redistributivas, como a fiscalidade, desde a negociación e o acordo no ámbito do diálogo social. As medidas adoptadas polo Goberno do Estado avanzan na dirección correcta, pero non abondan.


En todo caso, si tiveron un impacto positivo na contención dos prezos do gas e a electricidade, pero non serviron para frear as da gasolina e carburantes en xeral, polo que fai falta tomar medidas de contención de prezos que eviten que as subvencións efectuadas polo Goberno acaben sendo absorbidas polas grandes petroleiras, como está a ocorrer, en lugar de repercutir no benestar da cidadanía.


Non nos imos a resignar ante este escenario, onde o empresariado deste país pretende facer recaer sobre a clase traballadora o custo da crise de prezos xerada pola subida dos prezos enerxéticos, e agravada coa guerra de Ucraína.


As organizacións empresariais negáronse a acordar referencias para a negociación colectiva no marco do AENC, co obxectivo de frear o acordo nos convenios colectivos pretendendo a conxelación salarial. Por iso, debemos seguir coa nosa estratexia, en contacto directo coas persoas traballadoras, para poñer en valor a negociación colectiva, recuperar dereitos e mellorar os salarios para mellorar a calidade de vida. Demandamos das organizacións empresariais corresponsabilidade e altura de miras.

 

 

MANIFESTO

Fuente: UGT-Galicia