UGT chama a secundar mañá a folga na Comarca e participar na cadea humana entre Ferrol e Narón

Fecha: 16 Dic 2020

UGT chama a secundar mañá o paro na Comarca de Ferrolterra e a participar na cadea humana entre Ferrol e Narón

Santiago, 16 de decembro de 2020.- UGT chama á cidadanía da comarca a secundar o paro convocado conxuntamente por UGT, CCOO e CIG, entre as 10 e as 14 horas, polo futuro das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Ademais, o Sindicato chama á participación na cadea humana que comezará ás 11.00 horas entre Ferrol e Narón (Estrada de Castela e rúa Galiano). 

Porque a situación da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, tanto dende un punto de vista social, como económico e laboral, é de emerxencia e urxen solucións. Non se pode consentir a marxinación que sofre a comarca. Urxe unha rápida reindustrialización, unha aposta clara e decidida das administracións polo naval e polas infraestruturas da comarca, poñer freo ó recorte dos servizos e traballar polo futuro de empresas como Siemens Gamesa (As Somozas) ou da central térmica das Pontes. De todo isto, depende o futuro da comarca, miles de postos de traballo e o futuro de moitas familias.

Por todo isto, UGT chama á cidadanía da Comarca de Ferrolterra a participar no paro convocado e na cadea humana, sempre respectando as medidas de seguridade, por mor da COVID-19, que estean establecidas. 

Fuente: UGT-Galicia