UGT, CCOO e CIG acordan a suspensión das eleccións sindicais en Galicia durante a emerxencia sanitaria

Fecha: 16 Mar 2020

UGT, CCOO e CIG acordan suspender os procesos de eleccións sindicais en Galicia durante a emerxencia sanitaria polo COVID-19

 

Santiago, 16 de marzo de 2020.- UGT, CCOO e CIG veñen a acordar a suspensión dos procesos de eleccións sindicais en Galicia durante a situación de emerxencia sanitaria motivada polo COVID-19.

Os tres sindicatos enmarcan este acordo, que ten vixencia xa dende o día de hoxe, 16 de marzo, no contexto da Comunidade galega e temporalmente mentres dure a situación de emerxencia sanitaria declarada. Dende UGT-Galicia considérase que, dada a actual situación, esta é a mellor solución para evitar situacións de aglomeracións á hora de exercer o dereito ao voto, que van totalmente en contra das recomendacións sanitarias, e, ademais, trátase dunha medida lóxica cando está a paralizarse gran parte da actividade de servizos e produtiva do país. 

A continuación achégase un adxunto no que se pode acceder ao acordo asinado hoxe por UGT, CCOO e CIG.

ACORDO UGT-CCOO-CIG SUSPENSIÓN PROCESOS ELECCIÓNS SINDICAIS 

Fuente: UGT-Galicia