UGT alerta que Galicia rompe a tendencia do resto do Estado, cun incremento do paro do 2,22%, e sobre unha taxa de temporalidade do 27,4% e con case 80.000 persoas cun contrato parcial involuntario

Fecha: 06 Nov 2019

Os datos da EPA relativos ao terceiro trimestre de 2019 reflicten en Galicia, contrariamente ao resto do Estado, un incremento do desemprego, que este é cada ve máis precario, unha alta porcentaxe de fogares con serias dificultades, brechas de xénero prexudiciais para as mulleres nos marcadores máis negativos e altos índices de paro estrutural que achegan a moitas persoas e ás súas familias a limiares próximos á pobreza ou exclusión social.

No terceiro trimestre do ano hai en Galicia un aumento da ocupación, pero de tan só o 0,63%, 6.900 máis, cunha evolución similar ao resto do Estado onde medra un 0,35%. Situándose as cifras de ocupación en 1.105.700 persoas, cunha taxa do 47,3%, aínda moi afastada dos valores superiores ao 50% previos á crise. No Estado a taxa xa supera este limiar, é do 50,5%.

En termos de desemprego, este aumenta en Galicia en 3.100 persoas (2,22%). No Estado, pola contra, diminúe nun 0,5%, en 16.200 persoas. No ano cae en ambos contextos, en Galicia nun 6,21%. Hai en Galicia, segundo os datos da EPA, 143.500 persoas en situación de desemprego e no Estado 3.214.400.

Isto conduce a unha taxa de paro nesta Comunidade do 11,5% e do 13,92% no Estado. Pero o que nun primeiro momento podería parecer unha diferenza positiva a favor desta Comunidade, só se produce por un menor dinamismo no mercado laboral, inmerso nun profundo cambio estrutural pola caída poboacional e, especialmente, da poboación activa.

66.200 persoas levan máis dun ano na procura de emprego, destes, 45.200 máis de dous

A cronificación do desemprego segue a preocupar moito a UGT-Galicia porque detrás desta danse situacións que achegan aos afectados e ás súas familias ao limiar da pobreza ou exclusión social. 66.200 persoas desempregadas levan máis dun ano na procura de emprego (56.700 considerados de longa duración). Pero é que destes, un total de 45.200 levan máis de dous anos.

A evolución das cifras reflicte, unha vez máis, un mercado laboral estacionalizado, fin temporada verán. Agora ben, de xeito estrutural constátase a perda de poboación activa, 200 persoas menos no ano, un síntoma da marcada atonía do mercado laboral galego.

50.100 vivendas con todos os activos no desemprego e 27.400 nas que non hai perceptores de ingresos

E todo isto conduce a fogares que o están pasando mal. Hai en Galicia 50.100 vivendas nas que todos os activos están no desemprego e 27.400 nas que non hai perceptores de ingresos. Valores insostibles, sobre todo, comparados cos que se rexistraban no terceiro trimestres de 2009 (44.800 e 19.700, respectivamente).

3,4 puntos de brecha na taxa de paro. As mulleres seguen a levarse a peor parte do desemprego

Por sexos, as mulleres seguen a ser as que se levan a peor parte do desemprego. A taxa de paro é do 11,5% pero é que no caso das mulleres sube ata o 13,3%, 3,4 puntos de diferenza. Entre os menores de 25 anos a taxa de paro é do 26,3%.

E as estatísticas que ofrece hoxe a EPA inciden aínda máis na precariedade do mercado laboral, consecuencia das nefastas reformas laborais impostas. A taxa de temporalidade volve a valores elevadísimos, do 27,4% (28,5% no caso das mulleres). Isto contrasta coa taxa de temporalidade que se rexistraba no 2013, do 24,4%.

Seguindo nesta análise da precariedade que impregna o mercado laboral galego, hai que dicir que das 243.800 persoas que teñen un contrato temporal, 2.200 teñen un contrato que tan só dura un día e 9.800 cun contrato de menos dun mes.

A taxa de parcialidade involuntaria é xa do 52,8%

Outra pata do mesmo banco é o emprego a tempo parcial que ocupa a 150.300 galegos, o 13,6% do total dos traballadores. Pero é que deste total, 79.300 persoas teñen esta modalidade contractual por non atopar un emprego a tempo completo. É dicir, a taxa de parcialidade involuntaria é xa do 52,8%.

Para UGT-Galicia, o novo Goberno que saia das urnas o día 10 debe marcarse unha tarefa prioritaria, derrogar as reformas laborais que tanta precariedade, temporalidade e parcialidade están traendo. Poñer enriba da mesa medidas que persigan a temporalidade inxustificada, o tempo parcial ficticio, os falsos autónomos, as horas extras non pagadas e as desigualdades no traballo.

Os orzamentos continuistas da Xunta en materia de emprego non poderán atender nin resolver os problemas estruturais desta Comunidade

O Goberno galego debería tomar nota dos datos que se rexistran en Galicia e non pode permitirse presentar un orzamento continuista en materia de políticas activas de emprego. Hai que deseñar e reforzar as políticas activas dende o público, así como, a mellora da protección das persoas, tendo como obxectivo a creación de emprego de calidade e con dereitos.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS. TELÉFONO: 638033482.


 


 

 

Taxa de actividade

Taxa de paro

2008

54,8

8,6

2008/I

54,1

8,3

2008/II

54,6

8,2

2008/III

55,2

8,3

2008/IV

55

9,6

2009

54,8

12,4

2010

54,2

15,3

2011

54,8

17,3

2012

55

20,5

2013

54,2

22

2014

53,8

21,7

2015

53,5

19,3

2016

53,5

17,2

2017

53,3

15,7

2018

53,3

13,3

2018/I

53

15,1

2018/II

53,6

14

2018/III

53,5

12,2

2018/IV

53

12

2019/I

52,9

12,5

2019/II

53,1

11,3

2019/III

53,5

11,5


 

 

Total

Agricultura e pesca

Industria

Construción

Servizos

III Trimestre 2019

1.105,60

69,4

185,1

73,7

777,4

Variación trimestre anterior

6,9

2,3

7,7

6,6

-9,7

Variación relativa

0,6

3,4

4,3

9,8

-1,2

Variación absoluta mismo trimestre anterior

9,1

-0,9

18,1

6,2

-14,3

Variación relativa

0,8

-1,3

10,8

9,2

-1,8


 

Taxa de temporalidade

Total

Homes

Mulleres

2013/III

24,4

23,5

25,3

2014/III

24,6

25,2

23,9

2015/III

27,5

26,5

28,5

2016/III

27,4

25,6

29,3

2017/III

28,1

26,8

29,5

2018/III

26,8

26,6

27,0

2019/III

27,4

26,4

28,5

Fonte: Elaboración propia UGT Galicia a partir dos datos da EPA do IGE


 


 

Miles de persoas

2019/III

Total

243,8

1 día

2,2

De 2 días a menos de 1 mes

7,6

De 1 a 3 meses

40

De 4 a 6 meses

37,9

De 7 a 11 meses

11,9

De 1 ano a menos de 2 anos

26,1

De 2 anos a menos de 3 anos

3,4

3 anos ou máis

7,8

Non sabe pero menos de 1 mes

2,7

Non sabe pero máis de 1 mes

96,7

Non sabe a duración

7,6


 


 


 

 

2019/IIIT
miles

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.335,9

1,6

0,1

2,5

0,1

Inactivos

1.086,7

-8,5

-0,8

2,7

0,2

Homes

468,9

-4,4

-0,9

-0,4

-0,1

Mulleres

617,8

-4,1

-0,7

3,1

0,5

Activos

1.249,2

10,1

0,8

-0,2

0,0

Homes

648,1

5,2

0,8

1,4

0,2

Mulleres

601,1

4,9

0,8

-1,7

-0,3

Ocupados

1.105,7

6,9

0,6

9,2

0,8

Homes

584,3

10,3

1,8

9,6

1,7

Mulleres

521,3

-3,5

-0,7

-0,5

-0,1

Taxa parcialidade

13,6

-0,9

 

0,9

 

%Parcialidade involuntaria

52,8

-1,1

 

-3,9

 

Asalariados

888,7

12,5

1,4

9,2

1,0

Con contrato indefinido

645,0

2,6

0,4

0,9

0,1

Homes

334,3

4,9

1,5

5,7

1,7

Mulleres

310,6

-2,5

-0,8

-4,9

-1,6

Con contrato temporal

243,8

10,1

4,3

8,4

3,6

Homes

119,8

5,7

5,0

1,0

0,8

Mulleres

124,0

4,4

3,7

7,4

6,3

Parados

143,5

3,1

2,2

-9,5

-6,2

Homes

63,7

-5,2

-7,5

-8,3

-11,5

Mulleres

79,7

8,3

11,6

-1,3

-1,6

Menores 25 anos

16,8

1,9

12,8

-2,1

-11,1

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

69,4

2,3

3,4

-0,9

-1,3

Industria

185,1

7,7

4,3

18,1

10,8

Construción

73,7

6,6

9,8

6,2

9,2

Servizos

777,4

-9,7

-1,2

-14,3

-1,8

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

27,4

1,00

3,8

-4,80

-14,9

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

50,1

-2,10

-4,0

-2,90

-5,5

 

 

 

 

 

 

 

%

2019/III

2019/II

2018/III

 

 

 

Taxa actividade

53,5

53,1

53,5

 

 

 

Homes

58,0

57,6

57,9

 

 

 

Mulleres

49,3

48,9

49,5

 

 

 

Taxa ocupación

47,3

47,1

47,0

 

 

 

Homes

52,3

51,4

51,5

 

 

 

Mulleres

42,8

43,1

42,9

 

 

 

Taxa desemprego

11,5

11,3

12,2

 

 

 

Homes

9,8

10,7

11,1

 

 

 

Mulleres

13,3

12,0

13,4

 

 

 

Menores de 25 anos

26,3

26,9

30,5

 

 

 

Taxa temporalidade

27,4

26,7

26,8

 

 

 

Homes

26,4

25,7

26,6

 

 

 

Mulleres

28,5

27,6

27,0

 

 

 
Fuente: UGT-Galicia
EPA