Seguimento masivo da folga xeral da Mariña polo futuro da comarca

Fecha: 17 Nov 2021

Seguimento masivo da folga xeral da Mariña polo futuro da comarca

Hoxe, a cidadanía da Mariña, coa súa participación masiva na folga xeral convocada, que levou a unha parálise case absoluta da actividade, berrou por un cambio de rumbo e por un futuro para a comarca.

Os cidadáns da Mariña participaron masivamente da convocatoria de folga, realizada por UGT, CCOO e CIG, para demandar a mellora das infraestruturas, dos servizos, da situación da industria e duns orzamentos insuficientes para a comarca.

 

Fuente: UGT-Galicia