Reunión de UGT-Galicia, UUAA e CCOO para analizar a situación do sector lácteo

Fecha: 13 Dic 2021

Reunión de UGT-Galicia, UUAA e CCOO para analizar a situación do sector lácteo

 
O secretario xeral de UGT-Galicia reuniuse hoxe pola mañá cos máximos responsables de UUAA e do S.N. de CCOO para analizar a situación do sector lácteo.
 
Nesta xuntanza, José Antonio Gómez, ante a crise que está a atravesar o sector pola negativa das industrias que recollen leite en Galicia a aceptar subir o prezo do leite en orixe de xeito suficiente para cubrir os custos de produción das granxas, demanda destas industrias responsabilidade social e que paguen do mesmo xeito en que o están a facer no resto da UE.
 
Lembra que máis de 6.000 familias viven do leite en Galicia e que UGT-Galicia vai estar a carón de todos estes produtores. Tamén chamou a atención das administracións porque este país é deficiente en produción, precisa importar, e non se pode permitir o luxo de seguir perdendo explotacións.
Fuente: UGT-Galicia