A reforma laboral segue impulsando a calidade do emprego e a vida das persoas

Conter os prezos para non diminuír os beneficios da reforma laboral

A reforma laboral segue impulsando a calidade do emprego e a vida das persoas

Aínda que os datos son bos, en Galicia os indicadores en materia de contratación indefinida e creación de emprego están por debaixo dos rexistrados no resto do Estado


 

Santiago, 4 de xullo de 2022.- Os datos de paro do mes de xuño, publicados hoxe polos Servizos Públicos de Emprego (SEPE) e polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, amplían a tendencia positiva do emprego, xa que a creación de emprego mantén un bo ritmo (2,6% anual en Galicia), aínda que por debaixo do que se rexistra no resto do Estado (4,3% anual), e a porcentaxe de contratación indefinida segue alcanzando cotas moi altas (37% sobre o total), pero de novo este indicador é peor que no resto do Estado (44,3% sobre o total). Desta forma, para UGT-Galicia os resultados obtidos durante o primeiro semestre do ano confirman que a nova Reforma Laboral está a mostrarse eficaz á hora de mellorar a calidade do emprego, outorgando maior estabilidade e certeza á clase traballadora.

Con todo, o sindicato alerta sobre a persistencia dun elevado número de persoas desempregadas de longa duración, xa que, segundo os datos do primeiro trimestre da EPA, contabilízanse ata 57.200 parados que levan máis de 1 ano buscando emprego en Galicia. Trátase dunha cifra alarmante, sobre todo se temos en conta que, segundo a última Enquisa de Condicións de Vida (2021), ata un 58,6% das persoas desempregadas atópase en risco de pobreza ou exclusión social.

Neste sentido, UGT esixe a necesidade de impulsar Políticas Activas de Emprego máis eficaces, que se adapten á realidade específica de cada persoa e logren unha rápida reinserción laboral para todas elas. Para iso, resulta fundamental que a nova Lei de Emprego estableza un proceso de avaliación destas políticas, así como un incremento do financiamento, ata niveis adecuados e suficientes, xunto a criterios vinculantes para a súa aplicación nos distintos territorios do país.

Conter os prezos para non diminuír os beneficios da reforma laboral

A Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores denuncia que a crise internacional de subministracións (de materias primas e alimentos) e a persistencia da alza de prezos comprometen a senda de crecemento da economía e o emprego. Precisamente, a elevada inflación, que alcanzaría os dobres díxitos (10,2%) en xuño, segundo o avance do INE, está a provocar que as persoas traballadoras, a pesar de poder acceder a unha contratación máis estable, estean a perder poder adquisitivo mes a mes. Neste sentido, cabe destacar que os salarios en convenio rexistran un crecemento no que levamos do ano de apenas un 2,4%, moi lonxe da taxa de inflación media (8,5%).

Por iso, UGT reclama políticas máis contundentes e ambiciosas para conter o incremento descontrolado dos prezos e limitar os desorbitados beneficios das grandes empresas, especialmente das enerxéticas, que a pesar do difícil contexto actual seguen cultivando cuantiosos beneficios. Igualmente, desde o sindicato cremos que tanto o Goberno como a patronal non poden seguir mantendo unha actitude pasiva ante o intenso proceso de desvalorización salarial, polo que resulta esencial que senten a dialogar urxentemente mecanismos efectivos que protexan as rendas salariais, evitando así a apertura de novas brechas sociais e un maior afundimento do consumo e a demanda interna.

Datos

Datos de desemprego mellorados polo comezo da temporada estival e da remisión da pandemia en relación ao desemprego, sitúase o dato de paro en 140.932 (dende 2007 non tiñamos un dato similar) en Galicia e de 2.880.582 no Estado. Cae o paro no mes nun 3,55% en Galicia (máis acusadamente que no Estado, caída do 1,45%).

Importante mellora con respecto ao mesmo mes do ano anterior, contracción con respecto a xuño de 2021 do desemprego, 16.786 persoas menos, baixando un 10,64% en Galicia, pero non tan acusada como no Estado, 20,30% no Estado (733.757 persoas menos no desemprego).

Entre os máis mozos, os menores de 25 anos, hai 5.650 persoas en desemprego, diminuíndo no mes de forma menos acusada que no conxunto de idades, -2,18%, e tamén de forma menos acusada no ano, -5,36%.


 

Por sexos, evolución máis favorable no mes do desemprego para os homes, -3,97% que nas mulleres, -3,25%. No ano contracción tamén de forma máis acusada nos homes, -11,06%, que nas mulleres, -10.34%. En termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 58,42% do total de desemprego en Galicia. O paro afecta a un total de 82.331 mulleres, fronte a 58.601 homes.

No mes, ao analizar por sector de actividade, detéctanse caídas en todos eles, especialmente no primario e na industria, -6,23% e -5,10%, respectivamente. Destacada contracción nos servizos, -3,58%, e na construción, -2,84%, e no que menos no colectivo de sen emprego anterior, -0,57%. No ano, as porcentaxes son de contracción considerable, salvo no colectivo sen emprego anterior (-2,19%), en todos os sectores. Así, contracción do -17,17% na industria, -12,10% na construción, -10,40% nos servizos e -9,34% no primario.


 

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2022/Xuño

140.932

5.069

15.138

10.150

98.786

11.789

Variación absoluta mes anterior

-5.188

-337

-814

-297

-3.673

-67

Variación relativa

-3,55

-6,23

-5,10

-2,84

-3,58

-0,57

Variación absoluta mesmo mes do año anterior

-16.786

-522

-3.138

-1.397

-11.465

-264

Variación relativa

-10,64

-9,34

-17,17

-12,10

-10,40

-2,19

 

En termos provinciais, no mes hai distinto grao de contracción, evolución, segundo se analice unha ou outra. Cae en todas as provincias pero con distinto grao. Así, -4,82% en Lugo, -4,48% en Pontevedra, -2,67% na Coruña e -2,36% en Ourense. No ano, forte contracción en todas elas. Caída máis contundente na de Lugo, -13,41%, na Coruña do -11,23%, en Ourense, do -9,97%, e en Pontevedra do -9,53% de caída.

En canto á modalidade de contratación, rexístrase un excelente dato, mellora da contratación indefinida, chegando en Galicia ao 37% (por debaixo do 44,3% estatal), porcentaxe histórica nun mes de xuño.

Cos datos de xuño compróbase que se realizaron 80.342 contratos. Fanse menos contratos que no ano anterior (85.964 en xuño de 2021) pero de moita calidade, tal e como se comproba na táboa seguinte:


 

Cifras Récord de conversións, récord de contratos indefinidos.

 

TOTAL

Indef

Conv

Temp

% Conv

total

% indef

2022/Xuño

29.795

7.258

50.547

24,36

80.342

37,09

Variación absoluta mes anterior

3.388

741

7.397

-0,3

10.785

-0,9

Variación relativa

12,83

11,37

17,14

 

15,51

 

Variación absoluta mesmo mes del año anterior

22.389

3.979

-28.011

-20

-5.622

28,5

Variación relativa

302,31

121,35

-35,66

 

-6,54

 


 

Evolución % contratación indefinida (iniciais e conversións)

2021/Xaneiro

10,30

2021/Febreiro

11,46

2021/Marzo

14,87

2021/Abril

11,37

2021/Maio

9,60

2021/Xuño

8,62

2021/Xullo

6,92

2021/Agosto

7,65

2021/Setembro

8,71

2021/Outubro

8,87

2021/Novembro

13,45

2021/Decembro

9,46

2022/Xaneiro

16,08

2022/Febreiro

23,13

2022/ Marzo

29,26

2022/Abril

42,27

2022/Maio


 

37,96

2022/Xuño

37,09

 


 

Por sectores, destacan as porcentaxes de contratación indefinida do 76,8% na construción, do 67,2% no primario, nos servizos do 35,6% e na industria do 27,4%.


 

Xuño / 2022

PRIMARIO

INDUST.

CONST.

SERVIZ.

% indefinidos

67,2

27,4

76,8

35,6


 

En canto á taxa de cobertura por desemprego, esta foi en maio de 2022 (último dato dispoñible) do 60,95%. As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego sitúanse en 81.838.

A evolución nas cifras de afiliación á S.S. (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 1.048.523. Medra no mes o 0,75%, algo máis que no Estado, o 0,57% de aumento. Así, medra a afiliación / cotización á Seguridad Social no ano en Galicia, o 2,62%, bo indicador interanual, tamén no Estado medra, e de forma máis acusada, no 4,35%.

Por outra banda, os ERTEs, froito da concertación social, seguen permitindo ter traballo a 1.198 traballadores de media en xuño en Galicia.


 

GALICIA

Xuño 2022

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

140.932

-5.188

-3,6

-16.786

-10,6

* homes

58.601

-2.425

-4,0

-7.289

-11,1

* mulleres

82.331

-2.763

-3,2

-9.497

-10,3

* mozos e mozas < 25 anos

5.650

-126

-2,2

-320

-5,4

Por sectores*

* agricultura

5.069

-337

-6,2

-522

-9,3

* industria

15.138

-814

-5,1

-3.138

-17,2

* construción

10.150

-297

-2,8

-1.397

-12,1

* servizos

98.786

-3.673

-3,6

-11.465

-10,4

* sen emprego anterior

11.789

-67

-0,6

-264

-2,2

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (maio)

0

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (maio)

0,0

Por provincias

A Coruña

56.307

-1.542

-2,7

-7.125

-11,2

Lugo

13.320

-675

-4,8

-2.062

-13,4

Ourense

16.385

-396

-2,4

-1.815

-10,0

Pontevedra

54.920

-2.575

-4,5

-5.784

-9,5

CONTRATACIÓN

Nº contratos

80.342

10.785

15,5

-5.622

-6,5

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

29.795

3.388

12,8

22.389

302,3

* temporais

50.547

7.397

17,1

-28.011

-35,7

(%) contratos indefinidos

37,09

 

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.048.523

7.775

0,7

26.803

2,6

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones