A reforma laboral está acabando coa precariedade no emprego

Fecha: 03 Nov 2022

UGT-Galicia advirte sobre a difícil situación das persoas desempregadas, xa que máis da metade perciben prestacións non contributivas

A reforma laboral está acabando coa precariedade no emprego


 

Santiago, 3 de novembro de 2022.- Os datos de paro e de afiliación á Seguridade Social do mes de outubro, publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE), reflicten un descenso do número de persoas desempregadas, confirmando o mellor dato deste mes en toda a serie histórica. Ademais, dita redución prodúcese nun mes onde habitualmente aumenta o paro, polo que a Reforma Laboral está a corrixir a alta volatilidade que caracteriza ao noso mercado laboral.

De feito, continúa a mellora na calidade do emprego, xa que os contratos indefinidos supuxeron un 35,24% do total de contratos asinados este mes. Así, a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores afirma que, a pesar do incerto e difícil contexto internacional, a reforma laboral segue xerando un impacto positivo no seu obxectivo de acabar coa precariedade laboral que predomina no noso país, aínda que queda moito camiño por facer, particularmente nas Administracións Públicas.

A pesar da positiva evolución xeral do emprego, UGT alerta de que a calidade de vida das familias traballadoras segue deteriorándose mes a mes, como resultado das elevadas taxas de inflación rexistradas e os escasos incrementos salariais asinados. En consecuencia, os salarios acumulan unha importante desvalorización do seu poder adquisitivo, provocando que as persoas traballadoras sexan novamente as principais vítimas dunha crise que non orixinaron.

Esta situación sería moi distinta se a patronal accedese a negociar un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) que, ademais de promover unha repartición máis equilibrada e xusta da crise inflacionista, outorgase maior confianza tanto ás empresas como á clase traballadora. Con todo, o sindicato considera que a actitude irresponsable da patronal conduciu a unha situación de bloqueo e incerteza máxima, o que levou a UGT a iniciar un proceso de mobilizacións, que hoxe vaise exemplificar cunha gran manifestación en Madrid, co obxectivo de reclamar subidas salariais acordes ao encarecemento da vida.

Ademais, UGT reclama a mellora no trámite parlamentario dunha Lei de Emprego insuficiente, que foi aprobada ás costas do diálogo social. Esta lei debe garantir unhas Políticas Activas de Emprego máis eficaces, que se axusten e adapten á realidade específica de cada persoa e logren unha rápida reinserción laboral para todas elas, combatendo especialmente o drama das persoas paradas de longa duración.

Datos desemprego Galicia

Baixando á análise concreta dos datos, estes indican que, do mesmo xeito que sucedeu no resto do Estado, en Galicia tamén se rexistrou o mellor dato da serie histórica, sendo o primeiro mes (outubro) dende 1996 no que cae o paro con respecto ao mes anterior. Así, cae o desemprego en Galicia nun 0,3%, con respecto a setembro, e un 0,92% no resto do Estado. No ano sucedeu o mesmo, a contracción foi do 6,7% en Galicia e do 10,51% no Estado. En ambos casos o comportamento do desemprego é mellor no Estado que en Galicia.

Entre os máis mozos, menores de 25 anos, o desemprego, sen embargo, tivo un peor comportamento. Medrou no mes nun 8,61%. Sen embargo, no ano rexistrou un mellor comportamento que no conxunto de idades, cunha caída máis forte, do 12,93%.

Por sexos, o paro subiu entre os homes nun 0,73%, fronte á contracción das mulleres, nun 0,97%. No ano a contracción foi do 6,84%% no caso das mulleres e do 6,51% no caso dos homes. Non obstante, en termos estruturais, as mulleres representan o 58,59% do total do desemprego en Galicia.

Mensualmente, o desemprego medrou tan só entre o colectivo denominado “sen emprego anterior”, nun 5,04%. Pola contra, rexistrouse unha diminución mensual do paro no resto dos sectores, do 0,81% nos servizos; 0,74% na construción; cae un 0,52% no sector primario; e un 0,21% na industria.

No ano a contracción é considerable en todos, rexístrase unha baixada do 8,35% na construción; no primario, do 12,73%; do 5,68% nos servizos; do 12,28% na industria; e do 3,9% entre o colectivo de “sen emprego anterior”.

Territorialmente, a evolución no mes foi desigual. Caeu o paro na Coruña, 0,57%, e en Pontevedra, o 0,22%. Pola contra, aumentou o 0,2% en Lugo e o 0,19% en Ourense. Interanualmente, rexistrouse diminución do paro en todos os territorios. A caída máis contundente foi na Coruña, do 7,57%, e en Pontevedra, do 6,83%. En Lugo baixou o 5,54% e o 4,17% en Ourense.

Como xa se apuntaba en parágrafos precedentes, un mes máis, dende a aprobación da reforma laboral, dáse un excelente dato de contratación indefinida, do 35,24%, aínda que por debaixo do resto do Estado onde esta chega ao 45,8%. Realízanse menos contratos, 69.958, que no ano anterior pero de moita máis calidade.

Por sectores, destaca a porcentaxe de contratación indefinida na construción, do 72,1%; do 63,87% no primario; do 34,6% nos servizos; e do 23,7% na industria.

En canto ás cifras de afiliación á Seguridade Social, en Galicia a media mensual é de 1.048.700, baixando nun 0,06%, mentres que no Estado aumenta nun 0,51%.

A taxa de cobertura por desemprego sitúase no 60,31%, con 80.063 persoas beneficiarias de prestacións. Non obstante, hai que salientar que, deste total, unha alta porcentaxe son subsidios, 39.164 corresponden coa renda activa de inserción e 4.589 son importes asistenciais. Tan só o 45,4% son prestacións de carácter contributivo. Isto evidencia as dificultades que están a atravesar moitas persoas pola baixa contía das prestacións que están a percibir nunha contorna de prezos desbocados.

Cifras Record de conversións, récord de contratos indefinidos.

 

TOTAL

Indef

Conv

Temp

% Conv

total

% indef

2022/outubro

24.650

4.034

45.308

16,4

69.958

35,24

Variación absoluta mes anterior

-4.094

-1.311

-6.953

-2,2

-11.047

-0,2

Variación relativa

-14,24

-24,53

-13,30

 

-13,64

 

Variación absoluta mismo mes del año anterior

16.737

665

-35.988

-26

-19.251

26

Variación relativa

211,51

19,74

-44,27

 

-21,58

 


 


 

Evolución % contratación indefinida (iniciais e conversións)

2021/Xaneiro

10,30

2021/Febreiro

11,46

2021/Marzo

14,87

2021/Abril

11,37

2021/Maio

9,60

2021/Xuño

8,62

2021/Xullo

6,92

2021/Agosto

7,65

2021/Setembro

8,71

2021/Outubro

8,87

2021/Novembro

13,45

2021/Decembro

9,46

2022/Xaneiro

16,08

2022/Febreiro

23,13

2022/ Marzo

29,26

2022/Abril

42,27

2022/Maio


 

37,96

2022/Xuño

37,09

 

2022/Xullo

34,72

2022/ Agosto

29,08

2022/ Setembro

35,48

2022/Outubro

35.24


 


 


 


 

GALICIA

Outubro 2022

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

143.720

-389

-0,3

-10.325

-6,7

* homes

59.512

434

0,7

-4.145

-6,5

* mulleres

84.208

-823

-1,0

-6.180

-6,8

* mozos e mozas < 25 anos

5.804

460

8,6

-862

-12,9

Por sectores*

* agricultura

4.751

-25

-0,5

-693

-12,7

* industria

15.016

-32

-0,2

-2.103

-12,3

* construción

9.871

-74

-0,7

-899

-8,3

* servizos

102.143

-831

-0,8

-6.146

-5,7

* sen emprego anterior

11.939

573

5,0

-484

-3,9

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (setembro)

80.063

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (setembro)

60,3

Por provincias

A Coruña

57.105

-327

-0,6

-4.680

-7,6

Lugo

13.879

28

0,2

-814

-5,5

Ourense

16.840

32

0,2

-733

-4,2

Pontevedra

55.896

-122

-0,2

-4.098

-6,8

CONTRATACIÓN

Nº contratos

69.958

-11.047

-13,6

-19.251

-21,6

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

24.650

-4.094

-14,2

16.737

211,5

* temporais

45.308

-6.953

-13,3

-35.988

-44,3

(%) contratos indefinidos

35,24

 

% Indefinidos primario

63,8

% Indefinidos industria

23,7

% Indefinidos construción

72,1

% Indefinidos servizos

34,6

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.048.700

-646

-0,1

16.050

1,6

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 

Fuente: UGT-Galicia