A reforma laboral deixa paso a un emprego cada vez máis estable e seguro

Fecha: 28 Jul 2022

A EPA do segundo trimestre de 2022 reflicte o continuo aumento das persoas con contratos indefinidos, 26.600 máis respecto ó trimestre anterior e no ano 61.100 máis

A reforma laboral deixa paso a un emprego cada vez máis estable e seguro

Fan falta políticas máis contundentes para conter a inflación e protexer as rendas salariais


Santiago, 28 de xullo de 2022.- Os datos da EPA do segundo trimestre do ano, publicados hoxe polo INE, mostran unha cifra total de 139.400 desempregados en Galicia, un 1,1% menos que no trimestre anterior, situando a taxa de paro en 11,2%. Pola súa banda, o número de ocupados increméntase nun 1,3%.

A información confirma o cambio de tendencia que xa se apuntaba no anterior trimestre, consolidando a mellora na calidade do emprego creado e mostrando a eficacia da nova reforma laboral para combater algunhas das deficiencias estruturais do noso mercado laboral. Neste sentido, e en liña cos obxectivos da reforma, cabe destacar a notable caída da temporalidade, deixando paso a un emprego cada vez máis estable e seguro.

Con todo, e a pesar dos resultados positivos, UGT considera que é necesario seguir avanzando na mellora de dereitos da clase traballadora, pois non só segue habendo algunhas cuestións que quedan pendentes por negociar, senón que a actual crise inflacionista require actuacións urxentes que aseguren a calidade de vida das persoas traballadoras.

Por iso, cunha inflación por encima do 10%, incrementar as rendas salariais é unha cuestión de vital importancia para soster a capacidade adquisitiva das persoas traballadoras. Se a raíz da inflación non son os salarios, non hai razón para que estes só subisen un 3,77% de media ata xuño, - un incremento que queda moi curto e que xa está a ter graves repercusións no poder adquisitivo das familias-.

Fan falta políticas máis contundentes para conter a inflación e protexer as rendas salariais, iniciando un proceso de diálogo urxente para repartir os custos da maneira máis xusta posible, sen que iso tampouco supoña un lastre para a actividade económica das pequenas empresas.

Subir salarios e actuar contra o paro de longa duración

Doutra banda, hai que afrontar outro reto pendente, o do paro de longa duración, que se mantén en niveis aínda moi elevados e debe ser tratado a través dunhas Políticas Activas de Emprego realmente eficaces e personalizadas en función das necesidades particulares das persoas desempregadas.

Para iso, a nova Lei de Emprego debería ser capaz de regular e establecer un sistema de financiamento adecuado e suficiente, dotando aos Servizos Públicos de Emprego do persoal técnico necesario para que poidan desempeñar o seu labor con eficacia.

Ademais, requírense actuacións complementarias en materia de xustiza social, ampliando a contía e cobertura das prestacións sociais para evitar abrir novas brechas de desigualdade e pobreza. Políticas que son necesarias non só no plano social, senón tamén no económico, ao soster a demanda interna da economía e a actividade das empresas creando un escenario favorable para que a reforma laboral poida espremer ao máximo todo o seu potencial xerando emprego estable e de calidade.

Radiografía da EPA en Galicia

Os datos amosan que hai en Galicia 28.500 ocupados máis con respecto ó mesmo trimestre do ano anterior (un 2,6%) e, en relación ó primeiro trimestre de 2022, hai unha mellora da ocupación, con 13.800 persoas máis.

Aínda así, aínda que a EPA amosa, sobre todo en relación ó ano anterior, unha certa remisión dos efectos da pandemia, Galicia segue presentando peculiaridades dun mercado laboral pouco dinámico, cunha taxa de actividade de tan só o 53,2%, fronte ó 58,7% do resto do Estado.

Interanualmente, o paro caeu en 13.000 persoas, o que supón o 8,5%. E, en relación ó trimestre anterior, o paro baixou un 1,1%, en 1.600 persoas.

Así, a taxa de paro queda en Galicia, con 139.400 persoas desempregadas, no 11,2%. No caso dos homes esta taxa é do 10,5% e do 11,9% no caso das mulleres. Entre os menores de 25 anos esta sube ata o 34,9%.

Por sectores, o emprego mellora na agricultura e pesca, cunha suba da ocupación dun 4% (2.500 ocupados máis), e no sector servizos, cun aumento do 1,7% (13.600 ocupados máis). Pola contra, baixa esta na industria, nun 0,3% (500 ocupados menos), e na construción, nun 2,4% (1.800 ocupados menos). En relación ao mesmo trimestre do ano anterior, a ocupación baixa na agricultura e pesca (3%), industria (0,2%) e na construción (5,6%). Só sube no sector servizos, en relación a hai un ano, nun 4,6%.

Hai en Galicia un total de 899.500 asalariados, mellorando con respecto ó trimestre anterior, en 7.300 (0,8%), e ó ano, 32.500 (3,75%).

A reforma laboral segue a dar os seus froitos cunha taxa de temporalidade que mellora. Cae ata o 20,1%, case en dous puntos en relación ao trimestre anterior, cando era do 22,5%. Dáse un fortísimo aumento no trimestre da poboación asalariada con contrato indefinido, do 3,8%, e unha caída dos temporais, dun 9,7%. No ano tamén comeza a notarse a estabilidade do emprego, aumentando a poboación asalariada con contrato indefinido nun 9,29% e baixando a temporal nun 13,65%.

O que si hai que salientar é que a parcialidade segue a estar en niveis altos, do 14%, sendo o 49,1% da mesma de carácter involuntario.

Difícil situación para moitos fogares e máis de 52.000 persoas que levan máis dun ano no desemprego

Outro dos nubarróns da radiografía da situación do emprego en Galicia é a situación dos fogares e o paro de longa duración. Ambas situacións levan á vulnerabilidade de moitas familias.

Hai en Galicia un total de 52.500 fogares con, polo menos, unha persoa activa e nos que todos os seus membros activos están en desemprego. E 27.500 fogares que non perciben ingresos.

Das 139.400 persoas que están no desemprego, 52.900 levan máis dun ano nesta situación.


 

 

2022 II Trimestre

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.341,6

1,4

0,1

1,1

0,0

Inactivos

1.096,9

-10,8

-1,0

-14,5

-1,3

Homes

478,3

-1,9

-0,4

-4,4

-0,9

Mulleres

618,6

-9,0

-1,4

-10,1

-1,6

Activos

1.244,7

12,3

1,0

15,6

1,3

Homes

642,5

2,1

0,3

5,7

0,9

Mulleres

602,1

10,1

1,7

9,8

1,7

Ocupados

1.105,2

13,8

1,3

28,5

2,6

Homes

574,8

-0,9

-0,2

9,7

1,7

Mulleres

530,4

14,7

2,9

18,7

3,7

Taxa parcialidade

14,0

-0,3

 

0,4

 

%Parcialidade involuntaria

49,1

-0,8

 

-0,8

 

Asalariados

899,5

7,3

0,8

32,5

3,7

Con contrato indefinido

718,5

26,6

3,8

61,1

9,3

Homes

374,7

6,9

1,9

28,0

8,1

Mulleres

343,8

19,7

6,1

33,1

10,7

Con contrato temporal

181,0

-19,4

-9,7

-28,6

-13,6

Homes

79,3

-11,3

-12,5

-14,3

-15,3

Mulleres

101,7

-8,1

-7,4

-14,2

-12,3

Parados

139,4

-1,6

-1,1

-13,0

-8,5

Homes

67,7

3,0

4,6

-4,0

-5,6

Mulleres

71,7

-4,7

-6,2

-8,9

-11,0

Menores 25 anos

19,8

2,3

13,1

3,5

21,5

Paro longa duración

52,9

 

 

 

 

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

64,4

2,5

4,0

-1,8

-2,7

Industria

168,4

-0,5

-0,3

-0,4

-0,2

Construción

73,8

-1,8

-2,4

-4,4

-5,6

Servizos

798,6

13,6

1,7

35,1

4,6

%

2022/II

2022/I

2021/II

 

 

Taxa actividade

53,2

52,7

52,5

 

 

Homes

57,3

57,1

56,9

 

 

Mulleres

49,3

48,5

48,5

 

 

Taxa ocupación

47,2

46,6

46,0

 

 

Homes

51,3

51,4

50,5

 

 

Mulleres

43,5

42,3

41,9

 

 

Taxa desemprego

11,2

11,4

12,4

 

 

Homes

10,5

10,1

11,3

 

 

Mulleres

11,9

12,9

13,6

 

 

Menores de 25 anos

34,9

31,9

33,5

 

 

Taxa temporalidade

20,1

22,5

24,2

 

 

Homes

17,5

19,8

21,3

 

 

Mulleres

22,8

25,3

27,2

 

 


 

Fuente: UGT-Galicia
EPA