A recuperación só será sólida se se acaba coa precariedade do emprego

En Galicia tan só 9 de cada 100 contratos que se asinan son indefinidos

A recuperación só será sólida se se acaba coa precariedade do emprego

En Galicia tan só 9 de cada 100 contratos que se asinan son indefinidos


 

Santiago, 3 de novembro de 2021.- UGT-Galicia considera que, á vista dos datos facilitados hoxe referidos ó paro do mes de outubro, a situación económica e social do noso país presenta aínda unha ampla marxe de mellora.

O feito de que o emprego siga sendo xeralmente precario recalca a necesidade de acometer as transformacións necesarias para dar paso a un modelo laboral máis xusto e equilibrado, que sitúe a xeración de emprego de calidade como un dos principais motores para lograr un crecemento sostido a longo prazo. Só lograremos unha recuperación sólida e sostible se introducimos cambios que acaben coa incerteza e precariedade radical que arrasa ao conxunto de traballadores e traballadoras.

Derrogar a reforma laboral, restablecer a prevalencia do convenio de sector sobre o de empresa e impulsar una reforma das políticas activas de emprego para que sexan más eficaces e faciliten a reinserción dos desempregados e desempregadas

Para iso, é absolutamente imprescindible que o Goberno cumpra canto antes o seu compromiso de derrogar a reforma laboral de 2012, que foi imposta, unilateralmente, e non só non serviu para crear emprego, senón que ademais é a responsable de que este sexa máis inestable, inseguro e peor remunerado. Necesitamos dar paso a un novo marco de relacións laborais que reverta o abuso da temporalidade e a imparcialidade involuntaria, á vez que recupere un marco de negociación colectiva máis equilibrado. Neste sentido, resulta esencial restablecer a prevalencia dos convenios sectoriais sobre os de empresa e a prórroga da cobertura esencial dos convenios ao termo da súa vixencia, isto é, recuperar a ultraactividade dos mesmos. Que ninguén busque escusas en Europa para non realizar estes cambios. Deixar atrás a pobreza e precariedade crónica, que promove o noso mercado laboral, debe ser unha máxima ineludible.

Pola súa banda, para dar resposta á delicada situación na que viven as persoas desempregadas no noso país e, especialmente, os parados e paradas de longa duración, é necesario tamén acometer unha reforma profunda do noso sistema de Políticas Activas de Emprego, tendo en conta que o actual funciona de forma deficiente e non sitúa no centro as necesidades e posibilidades de cada desempregado e desempregada. Igualmente, debe ser prioritario reverter os recortes sufridos polos Servizos Públicos de Emprego, dotándoos dos recursos humanos e materiais necesarios para que poidan desempeñar un labor eficaz neste ámbito.

UGT-Galicia considera que o incremento en materia de emprego nos Orzamentos da Xunta é cativo para a conxuntura actual de recuperación. A Xunta debería ter realizado un maior esforzo con fondos propios

En relación ós Orzamentos presentados pola Xunta, UGT-Galicia, aínda recoñecendo que si terán un carácter expansivo, segundo os primeiros datos que se foron achegando, insiste en que os fondos da Consellería de Emprego amosan un incremento que, para UGT, na conxuntura actual de recuperación amósase cativo. A Xunta debería ter realizado un maior esforzo con fondos propios, á marxe dos que poidan vir do Goberno central ou de Europa, destinados a emprego. Xa que o emprego será unha das claves da recuperación, sen dúbida.

Concretando os datos facilitados hoxe polo Ministerio de Traballo e Economía Social e polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, estes reflicten, en canto ós ERTE, que en Galicia houbo en outubro de 2021 un total de 8.698 persoas traballadoras de media nesta situación e o dato a final de mes foi de 8.431. Deste total, 3.796 son homes e 4.635 mulleres. De novo, as máis prexudicadas tamén por esta crise.

En Galicia, no mes de outubro, dáse un aumento do desemprego do 0,65%, 991 persoas máis no paro, quedando así as cifras totais en 154.045 persoas en situación de desemprego. Evolución contraria ó resto do Estado onde o paro baixa no mes nun 0,02%.

En relación ó mesmo mes do ano anterior, a caída é en Galicia do 15%, igual que no Estado. Non obstante, hai que ser cautos coa valoración deste dato, xa que se fai unha comparativa con situacións epidemiolóxicas totalmente diferentes. Hoxe, grazas ó alto nivel de vacinación, a situación sanitaria é moito mellor o que repercute, evidentemente nunha mellor situación sociolaboral tamén.

Por idades, hai 6.666 mozos e mozas no paro, medrando acusadamente, un 8,74%, nada que ver co conxunto de idades. No ano a baixada tamén é máis forte, do 32%. Outubro é un mes no que xa rematou a temporada estival marcada polas contratacións temporais dos máis mozos. O que evidencia a súa temporalidade e falta de estabilidade no mercado laboral.

Por sexos, no mes o paro cae no caso das mulleres, o 0,32%, e sube no caso dos homes, un 2.05%. Pola contra, no ano, son os homes os máis beneficiados, cunha baixada do 17,4%, fronte ó 11,3% das mulleres. As mulleres representan o 58,7% do total do desemprego en Galicia, 90.388 mulleres nesta situación e 63.657 homes.

Aumenta o paro dun xeito considerable no sector primario e no colectivo de sen emprego anterior. Pola contra, baixa na industria, o 0,14%, e na construción, o 0,69%. No ano a contracción dáse en todos os sectores.

Territorialmente, o paro medra en Pontevedra, un 2,21%; mantense na Coruña; e contráese en Ourense, un 0,19%, en en Lugo, un 1,81%. No ano a contracción é evidente en todas.

Os datos de outubro evidencian que se realizaron 89.209 contratos, tan só o 8,87% de carácter indefinido. A contratación temporal segue a ser moi elevada, 81.296 contratos do total de 89.209.

A taxa de cobertura por desemprego é do 59,9%, dato de setembro, o último dispoñible. Así, hai en Galicia 84.491 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego, 37.555 de prestacións contributivas, o 44,4%, e o resto asistencial. Esta dependencia das prestacións asistencias fai que as retribucións sexan máis baixas.

A afiliación media á Seguridade Social en Galicia foi de 1.032.651, caendo o 0,15%, mentres que no Estado medra nun 0,82%. Interanualmente, a afiliación medra nun 2.04%.


 

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2021/Outubro

154.045

5.444

17.119

10.770

108.289

12.423

Variación absoluta mes anterior

991

404

-24

-75

240

446

Variación relativa

0,65

8,02

-0,14

-0,69

0,22

3,72

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-27.262

-1.228

-1.929

-2.687

-17.600

-3.818

Variación relativa

-15,04

-18,41

-10,13

-19,97

-13,98

-23,51

 


 

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

2021/Outubro

61.785

14.693

17.573

59.994

Variación absoluta mes anterior

0

-271

-34

1.296

Variación relativa

0,00

-1,81

-0,19

2,21

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-11.930

-3.366

-2.895

-9.071

Variación relativa

-16,18

-18,64

-14,14

-13,13

 

 

 

GALICIA

Outubro 2021

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

154.045

991

0,65

-27.262

-15,0

* homes

63.657

1.281

2,05

-13.384

-17,4

* mulleres

90.388

-290

-0,32

-13.878

-13,3

* mozos e mozas < 25 anos

6.666

536

8,7

-3.242

-32,7

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.444

404

8,0

-1.228

-18,4

* industria

17.119

-24

-0,1

-1.929

-10,1

* construción

10.770

-75

-0,7

-2.687

-20,0

* servizos

108.289

240

0,2

-17.600

-14,0

* sen emprego anterior

12.423

446

3,7

-3.818

-23,5

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (setembro)

84.491

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (setembro)

59,89

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

61.785

0,0

0,0

-11.930,0

-16,2

Lugo

14.693

-271,0

-1,8

-3.366,0

-18,6

Ourense

17.573

-34,0

-0,2

-2.895,0

-14,1

Pontevedra

59.994

1.296,0

2,2

-9.071,0

-13,1

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

89.209

-7.406

-7,7

16.109

22,0

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

7.913

-501

-6,0

1.206

18,0

* temporais

81.296

-6.905

-7,8

14.903

22,4

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.032.651

-1.578

-0,2

20.633

2,0

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones

 


 

Subtítulo: 
En Galicia tan só 9 de cada 100 contratos que se asinan son indefinidos