Pepe Álvarez e a responsable de Saúde Laboral de UGT, xunto cos secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-FICA-Galicia, visitan este luns ós bombeiros forestais da BRIF de Laza (Ourense)

Pepe Álvarez e a responsable de Saúde Laboral de UGT, xunto cos secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-FICA-Galicia, visitan este luns ós bombeiros forestais da BRIF de Laza (Ourense)

Están previstas declaracións ós medios na base, ó comezo da visita, ás 11.00 horas

Santiago, 14 de agosto de 2020.- O vindeiro luns, día 17, o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez; e a secretaria de Saúde Laboral e Medio Ambiente de UGT, Ana García de la Torre; xunto cos secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-FICA-Galicia, José Antonio Gómez e Javier Carreiro, respectivamente, e delegados e delegadas do Sindicato neste centro de traballo; realizarán unha visita a partir das 11.00 horas á base de bombeiros forestais da BRIF de Laza, empresa TRAGSA, emprezada na rúa Cruceiro s/n (Laza-Ourense).

Está previsto que ó comezo da visita, ás 11.00 horas, manteñan un encontro cos medios de comunicación.

Posteriormente, manterán unha reunión cos traballadores e traballadoras da BRIF e visitarán as instalacións.