A pandemia agrava aínda máis a situación das mulleres no eido laboral

UGT-Galicia demanda a derrogación da reforma laboral e o aumento do SMI, que afecta especialmente a este colectivo

A pandemia agrava aínda máis a situación das mulleres no eido laboral

Representan xa case o 60% do desemprego en Galicia e tamén o 60% dos ERTE. De feito, no mes o paro baixa entre os homes pero sobe entre as mulleres

 

 

Santiago, 2 de marzo de 2021.- Os datos de paro feitos públicos hoxe reflicten que a pandemia está a agravar en xeral a situación económica e laboral de todo o país pero, no caso das mulleres, vense aínda máis prexudicadas, representando xa case o 60% do total do desemprego en Galicia e o 60% do total dos ERTE en vigor.

Resulta evidente que o paro volve a constatar os efectos perniciosos da pandemia sobre a actividade económica e emprego, polo que é necesario poñer todos os medios para acelerar o proceso de vacinación; seguir mantendo os ERTE (que afectan a 47.207 persoas (media mensual de febreiro). Por sexos, utilizando os datos do último día do mes, xa que non se ofrecen datos de media mensual por xénero, hai 19.012 homes e 27.653 mulleres. Representando así a muller, nada menos que o 59,3% do total de traballadores afectados por ERTE. E tamén urxe reforzar o actual escudo de protección social.

Para UGT-Galicia, a mellor noticia para o 8 de marzo, Día internacional da muller, sería que o Goberno cumpra os seus compromisos e derrogue a reforma laboral de 2012 porque a recuperación non pode asentarse na precariedade, temporalidade e parcialidade dos contratos, que afectan sobre todo ás mulleres e ós máis mozos.

Ademais, é preciso que suba o SMI, ata os 1.000 euros ó mes en 2021, unha cuestión de xustiza social que impulsará a actividade e contribuirá a loitar contra a brecha salarial, pois son as mulleres as que teñen salarios máis baixos.

UGT insta tamén a impulsar o desenvolvemento de políticas activas de emprego eficaces que faciliten o cambio de modelo produtivo cara unha economía verde, dixital e baseada nunha industria forte, sostible e con empregos estables.


 

Afondando máis nos datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo e Economía Social e polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións compróbase que se está lonxe de mitigar a desfavorable evolución provocada pola crise sanitaria da COVID-19 no emprego e na economía en xeral.

Sitúase a cifra de desemprego en Galicia no mes de febreiro de 2021 en 185.228, cae con respecto ao mes anterior en 756, 0,41%. En termos interanuais o desemprego aumenta en 18.999 persoas, o 11,43% máis en Galicia, e 762.742 parados máis no Estado. As cifras falan por si mesmas, 185.228 desempregados en Galicia e máis de 4 millóns, 4.008.789, no Estado.

O incremento interanual do paro sitúase en termos similares á crise anterior, rompéndose a recuperación que se estaba dando dende o ano 2014

O aumento en Galicia en termos interanuais, como se comproba no cadro de evolución seguinte, sitúase nos volumes de crecemento da crise anterior, rómpese a tendencia de caída interanual pola recuperación que había dende 2014.


 

Ano

Febreiro

Var. Mensual 

Var. Interanual

2007

160.904

-1,6

-9,8

2008

161.828

0,4

0,6

2009

206.570

2,6

27,6

2010

234.171

1,1

13,4

2011

248.279

1,0

6,0

2012

274.675

1,2

10,6

2013

292.823

0,7

6,6

2014

280.071

-0,4

-4,4

2015

257.549

-0,6

-8,0

2016

235.268

-0,5

-8,7

2017

211.924

-0,1

-9,9

2018

188.207

-0,9

-11,2

2019

173.709

-0,6

-7,7

2020

166.229

-0,9

-4,3

2021

185.228

-0,4

11,4


 

 

 

Galicia

Estado

2020/Febreiro

185.228

4.008.789

Variación absoluta mes anterior

-756

44.436

Variación relativa

-0,41

1,12

Variación absoluta mismo mes del año anterior

18.999

762.742

Variación relativa

11,43

23,50


 

Por idades, son 8.439 os mozos e mozas menores de 25 anos os que están en situación de desemprego, caendo no mes o paro, o 1.6%, pero medrando o 7,5% no ano.

Se se consideran os menores de 30 anos dun total de 25.151 persoas desempregadas no mes, hai 11.665 homes e 13.486 mulleres. A muller segue, sexa cal sexa a súa idade, a ter maior peso nas cifras de desemprego con respecto aos homes, neste caso o 53,6% do total.

A evolución de caída do desemprego no mes foi no caso dos homes do 1,6%, fronte ao incremento nas mulleres do 0,5%. No ano afecta tanto aos homes, 11,5% de aumento de desemprego, como ás mulleres, co aumento do 11,6%.

En termos estruturais, as mulleres seguen a representar nada menos que o 57,1% do total de desemprego en Galicia, afecta a un total de 105.808 mulleres en Galicia, fronte a 79.420 homes. 26.388 mulleres desempregadas máis.

2020/ Febreiro

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

8.439

79.420

105.808

Variación absoluta mes anterior

-135

-1.259

503

Variación relativa

-1,57

-1,56

0,48

Variación absoluta mismo mes del año anterior

591

7.982

11.017

Variación relativa

7,53

11,17

11,62

No mes, ao analizar por sector de actividade, hai unha caída no primario, 2.8%, na construción, 3.15% de contracción, e no colectivo SEA, o 3.8% de baixada. Polo contrario, medra na industria, o 0.8%, e nos servizos, o 0.21%.

No ano, todos os sectores aparecen prexudicados, destacando os servizos, co 14% máis, tamén o primario, con 11,1% máis, considerable aumento tamén en industria e Sen emprego anterior, con 9,5% e 3% de aumento, respectivamente, e no que menos aumento se rexistra é na construción, cun 1,5% de crecemento.

En termos absolutos o desemprego ten maior incidencia nos servizos, 15.998 desempregados máis no ano, 14% máis nun ano. Xa só as cifras de desemprego nos servizos son preocupantes, 130.985; na industria, nada menos que 20.038; na construción, 13.810; no colectivo SEA, 13.695; e no primario 6.700.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2021/Febreiro

185.228

6.700

20.038

13.810

130.985

13.695

Variación absoluta mes anterior

-756

-193

158

-449

268

-540

Variación relativa

-0,41

-2,80

0,79

-3,15

0,21

-3,79

Variación absoluta mismo mes del año anterior

18.999

671

1.741

197

15.998

392

Variación relativa

11,43

11,13

9,52

1,45

13,91

2,95

 

En termos provinciais, todas teñen a mesma evolución, caída no mes e medra no ano en todas as provincias. Na que máis cae no mes en termos absolutos é Ourense, 285 menos, e tamén en relativos, o -1,4%. No ano, fortes crecementos en todas, nas que máis: 14,6% en Lugo, 12,1% en Coruña, 11,4% en Ourense e 9,9% en Pontevedra.

Por provincias

 

Febreiro/ 2021

Var. Absoluta mes

Var. % mes

Var. Absoluta ano

Var. % ano

A Coruña

74.579

-274

-0,4

8.063

12,1

Lugo

18.633

-109

-0,6

2.368

14,6

Ourense

20.496

-285

-1,4

2.099

11,4

Pontevedra

71.520

-88

-0,1

6.469

9,9


 

En febreiro de hai un ano realizábase 23.000 contratos máis en Galicia

Cos datos de febreiro compróbase que tan só se realizaron 49.174 contratos, cifra mínima, contraéndose con contundencia con respecto ás cifras prepandemia. En febreiro do ano 2020 realizáronse 23.258 contratos máis.

 

Total contratos

Total Temporais

Febreiro / 2021

49.174

43.541

Variación absoluta mes anterior

-11.305

-10.708

Variación relativa

-18,69

-19,74

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-23.258

-21.235

Variación relativa

-32,11

-32,78


 

Se nun ano cae a contratación temporal en 21.235 contratos, danos unha idea de que nin a contratación temporal estase utilizando.

Por outra banda, a taxa de cobertura en xaneiro 2021 (último dato dispoñible) sitúase nun 69,3% (64,02% no Estado). As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego sitúanse en 119.037. Destas, hai un considerable número de persoas beneficiarias de prestación contributiva, 60.621, o 51%. Isto indica que hai unha considerable perda de empregos que estaban cotizando, e cotizando por desemprego, non constan aqueles que non tiveran cotización por desemprego.


 

Xaneiro 2021

Prestación contributiva

subsidio

renda activa de inserción

Totais

GALICIA

60.621

 

51.529

6.887

119.037


 

Hai en Galicia máis de 18.000 afiliados cotizantes menos que hai un ano

Pésima evolución nas cifras de afiliación á Seguridade Social (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 994.029. Medra no mes só no 0,17% e contracción no ano de 1,8%, 18.324 afiliados cotizantes menos.

2021Febreiro

Galicia

Estado

994.029

18.850.112

Variación absoluta mes anterior

1.692

20.632

Variación relativa

0,17

0,11

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-18.324

-400.117

Variación relativa

-1,81

-2,08%


 

GALICIA

Febreiro 2021

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

185.228

-756

-0,41

18.999

11,4

* homes

79.420

-1.259

-1,56

7.982

11,2

* mulleres

105.808

503

0,48

11.017

11,6

* mozos e mozas < 25 anos

8.439

-135

-1,6

591

7,5

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.700

-193

-2,8

671

11,1

* industria

20.038

158

0,8

1.741

9,5

* construción

13.810

-449

-3,1

197

1,4

* servizos

130.985

268

0,2

15.998

13,9

* sen emprego anterior

13.695

-540

-3,8

392

2,9

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (xaneiro)

119.037

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (xaneiro)

69,31

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

74.579

-274,0

-0,4

8.063,0

12,1

Lugo

18.633

-109,0

-0,6

2.368,0

14,6

Ourense

20.496

-285,0

-1,4

2.099,0

11,4

Pontevedra

71.520

-88,0

-0,1

6.469,0

9,9

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

49.174

-11.305

-18,7

-23.258

-32,1

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

5.633

-597

-9,6

-2.023

-26,4

* temporais

43.541

-10.708

-19,7

-21.235

-32,8

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

994.029

1.692

0,2

-18.324

-1,8

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones