Os datos de paro urxen estender a protección ás persoas traballadoras e un plan de reconstrución para superar a crise da COVID-19 sobre o emprego

Fecha: 02 Jun 2020

Os datos de paro urxen estender a protección ás persoas traballadoras e un plan de reconstrución para superar a crise da COVID-19 sobre o emprego

Santiago, 2 de xuño de 2020.- Os datos de paro correspondentes ao mes de maio, publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego, revelan a retardación do ritmo de destrución de emprego debido á reactivación pola deshibernación dos sectores produtivos, sobre todo construción e industria, e o comezo da desescalada.

As cifras reflicten en Galicia 547 persoas menos en desemprego, un 0,3% menos que no mes de abril, pero un 18,8% superior a maio de 2019 (30.277 máis), chegando a unha cifra total de 191.082 persoas, con tres sectores máis afectados, as mulleres, os máis mozos e o sector servizos. A afiliación á Seguridade Social engadiu 1.603 persoas entre o inicio e o final do mes de maio.

Pero estes datos mostran tamén a necesidade de estender as medidas de protección social, as prestacións por desemprego e os ERTE, para o que será necesario dotar de recursos aos Servizos Públicos de Emprego.

De igual forma, o sindicato valora a aprobación do ingreso mínimo vital como instrumento absolutamente esencial para dar cobertura ás necesidades das persoas que se atopan fóra do sistema de protección e dotar así dos recursos necesarios para vivir ás familias que peor o pasaron polo coronavirus. Aínda que é fundamental dotar esta medida de recursos humanos e materiais para asegurar o éxito da reinserción laboral dunha medida que con tanta insistencia reclamamos. Por iso, UGT esixe ao Goberno que dote a esta medida dunha estratexia de reinserción laboral, de orientadores especializados e suficientes, itinerarios de formación específicos para conseguir a maior empregabilidade a curto prazo, e medidas de asesoramento ás persoas, para que o tránsito de volta ao mundo do traballo sexa unha realidade.

A precariedade facilita a destrución de emprego

Cos datos de maio compróbase que tan só se realizaron 30.873 contratos, caendo con respecto ao mesmo mes do ano anterior en -64.329 contratos. Con estes datos é clara a paralización do mercado laboral. Unha tendencia que se mostra tanto entre os contratos indefinidos como temporais. Aínda dos 30.873 contratos asinados en maio tan só 3.272 tiveron un carácter indefinido. Uns datos que, para o sindicato, demostran a fraxilidade do noso mercado laboral, exhibindo un modelo de precariedade altamente flexible, capaz de destruír emprego de maneira masiva nun espazo breve de tempo.

Os mecanismos de protección das persoas: prestacións e ERTE

Os datos do paro non recollen o efecto do sostemento do emprego que se está levando a cabo grazas aos ERTE negociados entre os sindicatos, as empresas e o Goberno, e que eleva a protección das persoas que, doutro xeito, quedarían incluídas no rexistro de desemprego. Os datos da Seguridade Social sinalan que 149.395 afiliados en Galicia estaban protexidos por un ERTE de media no mes de maio, 132.040 deles de forza maior. Unhas cifras que reflicten o descomunal esforzo realizado polo persoal do Servizo Público de Emprego, que ao 1 de xaneiro era de 7.974 efectivos e que, de non reforzala, perderá 937 efectivos por xubilacións ata o ano 2022 (a pesar da incorporación de 1.000 interinos nesta crise).

Por todas estas razóns, é fundamental que o Goberno manteña as medidas de protección, tanto as prestacións xa existentes como as extraordinarias, incluídos os ERTE, unha estratexia de reinserción laboral e un plan de reconstrución para superar os efectos da crise do COVID no emprego.

Seguindo coa análise das cifras de desemprego facilitadas hoxe, provincialmente, en Galicia son destacables os aumentos superiores no ano ao 20% na Coruña e Lugo, do 18,17% en Pontevedra e inferior na de Ourense, o 14,4%. No mes, cae en A Courña e Pontevedra, -0,2% e -0,74%, respectivamente, e medra nun 0,8% na de Lugo e o 0,12% na de Ourense.

Son 9.584 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, aumentando o desemprego nun 0,36% no mes pero en nada menos que 24,48% no ano. Evolución máis acusada que a do conxunto de idades.

Por sexos, no ano os aumentos son realmente preocupantes, 24,84% de aumento de desemprego masculino e 14,51% do feminino. (16.698 homes desempregados máis no ano e 13.579 mulleres máis). Sen embargo, no mes semella que no masculino xa ten moita menos incidencia ao caer con respecto a o mes anterior en 1.051 os homes desempregados, o -1,24%, mentres que medra nas mulleres o 0,47%, en 504 mulleres. En termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 56,1% do total do desemprego.

No mes, ao analizar por sector de actividade, hai crecementos do 0,15% nos servizos e do 1,57% no colectivo sen emprego anterior, caendo nos restantes, con contundencia na construción, -4,7% menos, no primario, o -1,5% e menos, e diminuíndo no 0,5%, na industria.

No ano o máis prexudicado foi o sector dos servizos co 22,62% máis de desemprego achegando nada menos que preto de 25.000 desempregados (24.759). Medra en case 3.000 (2.977) na industria, o 16,41%, e nun 19% na construción, 2.485 máis. O menor incremento dáse no ano no primario, co 7%, e diminúe no colectivo sen emprego anterior, o 2,5%.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS. TELÉFONO: 638033482.


 


 

GALICIA

maio 2020

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

191.082

-547

-0,29

30.277

18,8

* homes

83.931

-1.051

-1,24

16.698

24,8

* mulleres

107.151

504

0,47

13.579

14,5

* mozos e mozas < 25 anos

9.584

34

0,4

1.885

24,5

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.292

-93

-1,5

412

7,0

* industria

21.115

-106

-0,5

2.977

16,4

* construción

15.598

-760

-4,6

2.485

19,0

* servizos

134.229

198

0,1

24.759

22,6

* sen emprego anterior

13.848

214

1,6

-356

-2,5

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (abril)

245.050

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (abril)

137,67

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

30.873

6.999

29,3

-64.329

-67,6

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

3.272

683

26,4

-4.215

-56,3

* temporais

27.601

6.316

29,7

-60.114

-68,5

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

976.374

1.603

0,2

-42.032

-4,1

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

 


 


 

Fuente: UGT-Galicia