O Goberno debe derrogar as reformas laborais

O Goberno debe derrogar as reformas laborais

A EPA confirma a alarmante precariedade no emprego e no desemprego. A taxa de temporalidade é do 25,9%, do 28% no caso das mulleres, e o 53,7% dos traballadores a tempo parcial están nesta situación dun xeito involuntario

Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- Os datos da EPA, feitos públicos hoxe, reflicten, un trimestre máis, máis e máis precariedade, con elevadas taxas de temporalidade e parcialidade involuntaria. Para UGT-Galicia, é xa hora de recuperar dereitos, lograr a igualdade e establecer as condicións para lograr emprego de calidade con salarios dignos e isto pasa pola derrogación urxente das reformas laborais.

Así, os datos indican que no cuarto trimestre de 2019, en relación ao anterior, dáse en Galicia unha caída da ocupación de 0,9 puntos, medrando en relación a hai un ano, nun 0,7%. Neste indicador os datos de Galicia son peores que os do resto do Estado, ocupación medra no trimestre, nun 0,47%, e no ano, nun 2,1%. En Galicia hai 1.096.000 ocupados, cunha taxa do 46,9%, afastada aínda dos valores superiores ao 50% de antes a crise e da do Estado, do 50,6%.

O paro aumenta no trimestre en 2.300 persoas, o 1,6%, evolución tamén contraria ao resto do Estado, onde baixa nun 0,7%. No ano cae en ambos contextos, nun 2,1% en Galicia e nun 3,4% no Estado. Hai 145.800 persoas en paro en Galicia, cunha taxa do 11,7%, fronte ao 13,78% no resto do Estado. Isto que podería parecer un bo indicador para Galicia tan só é o reflexo dun menor dinamismo do mercado laboral, inmerso nun profundo cambio estrutural con fortes caídas poboacionais, especialmente, de poboación activa.

De feito, a taxa de actividade é en Galicia de tan só o 53,1%, fronte ao 58,74% do resto do Estado. Síntoma dun mercado laboral especialmente contraído, con moi poucas oportunidades.

O paro de longa duración continúa a ser outra das grandes lacras do mercado laboral galego. 65.900 persoas levan máis dun ano na procura de emprego (55.700 considerados de longa duración) e, destes, 43.500 máis de dous anos.

As familias continúan pasándoo mal. Os fogares nos que todos os activos están no paro son 52.300 e 30.100 vivendas non teñen perceptores de ingresos. Valores moi afastados dos que se rexistraban no 2009, 44.800 e 19.700, respectivamente.

A taxa de paro segue a apuntar á forte brecha de xénero que se rexistra no mercado laboral galego. Así, esta é do 10,3% no caso dos homes e do 13,3% no das mulleres, tres puntos de diferenza. Tamén existe brecha por idades, entre os menores de 25 anos este indicador sube ata os 27,4 puntos. 15.600 mozos e mozas menores de 25 anos están en situación de desemprego nesta Comunidade.

Os nefastos efectos das reformas laborais levan a máis e máis precariedade, cunha taxa de temporalidade do 25,9%, chegando ata o 28% no caso das mulleres.

Dende UGT-Galicia denúnciase que, das 228.900 persoas que teñen un contrato temporal en Galicia, 1.800 teñen un contrato de tan só un día; e 10.900 teñen un contrato que durará menos dun mes.

Un síntoma máis desta forte precariedade é a parcialidade na contratación. Do total dos ocupados, o 14% o son a tempo parcial, 153.000. Pero é que deste total, o 53,7% (82.200 persoas) están nesta situación dun xeito involuntario, por non atopar outra modalidade de contratación. A parcialidade involuntaria é outra das consecuencias das medidas regresivas impostas polas reformas laborais.


 

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS. TELÉFONO: 638033482.


 

Miles de persoas

2019/IV

Total

228,9

1 día

1,8

De 2 días a menos de 1 mes

9,1

De 1 a 3 meses

22,3

De 4 a 6 meses

33,9

De 7 a 11 meses

13,1

De 1 ano a menos de 2 anos

26,3

De 2 anos a menos de 3 anos

4,3

3 anos ou máis

7,7

Non sabe pero menos de 1 mes

4,0

Non sabe pero máis de 1 mes

101,2

Non sabe a duración

5,0


 


 

 

2019/IV miles

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.337,1

1,2

0,1

2,8

0,1

Inactivos

1.095,4

8,7

0,8

-1,9

-0,2

Homes

474,0

5,1

1,1

-1,3

-0,3

Mulleres

621,4

3,6

0,6

-0,6

-0,1

Activos

1.241,7

-7,5

-0,6

4,7

0,4

Homes

643,4

-4,7

-0,7

2,4

0,4

Mulleres

598,4

-2,7

-0,4

2,4

0,4

Ocupados

1.096,0

-9,7

-0,9

7,9

0,7

Homes

577,1

-7,2

-1,2

8,8

1,5

Mulleres

518,9

-2,4

-0,5

-0,9

-0,2

Taxa parcialidade

14,0

0,4

 

0,1

 

%Parcialidade involuntaria

53,7

1,0

 

-3,7

 

Asalariados

883,3

-5,4

-0,6

10,0

1,1

Con contrato indefinido

654,4

9,4

1,5

7,9

1,2

Homes

341,8

7,5

2,2

10,1

3,0

Mulleres

312,7

2,1

0,7

-2,1

-0,7

Con contrato temporal

228,9

-14,9

-6,1

2,1

0,9

Homes

107,3

-12,5

-10,4

-1,0

-0,9

Mulleres

121,6

-2,4

-1,9

3,1

2,6

Parados

145,8

2,3

1,6

-3,1

-2,1

Homes

66,2

2,5

3,9

-6,5

-8,9

Mulleres

79,5

-0,2

-0,3

3,3

4,3

Menores 25 anos

15,6

-1,2

-7,1

-0,7

-4,3

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

66,7

-2,7

-3,9

-1,2

-1,8

Industria

183,4

-1,7

-0,9

13,7

8,1

Construción

74,5

0,8

1,1

7,5

11,2

Servizos

771,3

-6,1

-0,8

-12,1

-1,5

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

0,0

-27,40

-100,0

-27,00

-100,0

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

0,0

-50,10

-100,0

-54,20

-100,0

 

 

 

 

 

 

 

%

2019/IV

2019/III

2018/IV

 

 

 

Taxa actividade

53,1

53,5

53,0

 

 

 

Homes

57,6

58,0

57,4

 

 

 

Mulleres

49,1

49,3

48,9

 

 

 

Taxa ocupación

46,9

47,3

46,6

 

 

 

Homes

51,6

52,3

50,9

 

 

 

Mulleres

42,5

42,8

42,7

 

 

 

Taxa desemprego

11,7

11,5

12,0

 

 

 

Homes

10,3

9,8

11,3

 

 

 

Mulleres

13,3

13,3

12,8

 

 

 

Menores de 25 anos

27,4

26,3

29,6

 

 

 

Taxa temporalidade

25,9

27,4

26,0

 

 

 

Homes

23,9

26,4

24,6

 

 

 

Mulleres

28,0

28,5

27,3