O Congreso da Unión Comarcal de UGT-Ferrol  reelixiu a José Antonio Díaz como secretario xeral

A nova Comisión Executiva está formada por seis persoas e recibeu o apoio do 69 por cento dos votos

 

O 13 Congreso da Unión Comarcal de UGT de Ferrol elixiu a nova executiva que encabeza José Antonio Díaz Casteleiro, que repite un novo mandato. A nova Comisión Executiva Comarcal, ratificada polo 69 por cento dos votos emitidos queda composta por:

Secretario Xeral

José Antonio Díaz Casteleiro

Secretario de Organización e Administración

Jorge Ulla Rocha

Secretario de Política Institucional, Formación e Emprego

Diego Penedo González

Secretaria de Políticas Sociais

Patricia Pérez Amor

Secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais

Eva Feal Prieto

Secretario de Saúde Laboral e Medioambiente

Bruno Vázquez Beceiro

 

Durante as intervencións na clausura,  tanto o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez como o recén reelixido secretario xeral de UGT-Ferrol, José Antonio Díaz coincidiron no papel desenvolvido polos sanitarios e a todos aqueles que estiveron en primeira liña nesta crise sanitaria coidándonos, protexéndonos e alimentándonos, pero temos que sair desta pandemia recoñecendo a labor do resto dos sectores grazas aos que se poido soster ao conxunto da sociedade.

Gómez afirmou que “a pandemia sirveu para acercar aínda máis o Sindicato aos traballadores e traballadoras. O sindicato estivo á altura , o obxectivo principal era o de protexer a saúde, pero tamén protexer or emprego e as empresas”. Afirmou que eso levou a deixar aparcada a folla de ruta de reivindicacións que tíñamos marcada a principio de 2020 co obxectivo de recuperar dereitos perdidos durante a crise. Pero “ollo que non intenten de novo cargar ás costas dos traballadores o custo de esta crise sanitaria”, alertou.

José Antonio Gómez tamén afirmou que “imos ter que mobilizarnos para negociar e esixir e lembrarlle ao goberno que «agora si toca» cumprir co prometido no seu programa, en concreto derrogar a reforma laboral, derrogar a reforma das pensións de 2013 e revalorizar o salario mínimo interprofesional (SMI) ata situalo no 60% do salario medio ao remate da lexislatura. E tamén nos mobilizaremos para seguir esixindo o reforzo os servizos públicos e os sectores produtivos estratéxicos.

Por outra banda, o novo secretario xeral de UGT-Ferrol, José Antonio Díaz,  insistiu en que unha saída xusta da crise obriga a situar ós servizos públicos no centro das políticas e plans de recuperación tras a pandemia, pero sen esquecer a imperiosa necesidade de dar pasos firmes en aras de fortalecer o tecido produtivo estratéxico. Nese contexto recordou a situación, entre outras empresas, de Navantia, Siemens Gamesa ou da central de As Pontes, e animou a difundir e participar na folga xeral do vindeiro 10 de marzo en demanda de solución e medidas para revertir a grave crise industrial e social que viven Ferrol, Eume y Ortegal